28 de diciembre de 2009

Na próxima xuntanza do club leremos Así nacen as baleas, novela da escritora Anxos Sumai que obtivo o Premio Repsol YPF do ano 2007, premio de narrativa breve organizado por Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia.
Así nacen as baleas conta a historia dunha viaxe de regreso á casa, á orixe familiar dunha muller nova que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente. Anxos Sumai acadou o Premio da Crítica galega con Anxos de garda no 2004 e tivo gran éxito con Melodía de días usados, publicada no 2005.

Benedetti

A propósito da lectura dos contos de Benedetti, José Luis Penas envíanos esta presentación que poderedes ver premendo neste enlace

24 de noviembre de 2009

25 de novembro: Contra o maltrato

Con motivo do 25 de novembro incluímos este vídeo de grande interese sobre a violencia de xénero. Tamén tedes o enlace a unha presentación sobre o mesmo tema que nos envía Azu

18 de noviembre de 2009

Libros dixitais

Como é un tema moi controvertido, que suscita discusións entre defensores e detractores paréceme interesante poñervos estes vídeos sobre o tema.
Un é un famoso vídeo sobre novas ferramentas e a necesidade e dificultade de adaptación




O outro é unha reportaxe emitida en televisión sobre libros dixitais que podedes ver premendo no enlace. Paga a pena.

Portal LEER.ES

O congreso coincidiu coa presentación do portal LEER.ES que recollerá todo tipo de recursos e informacións sobre lectura. O ministerio pon á nosa disposición o portal, agora, entre todos teremos que construír a casa, darlle verdadeiro contido e sentido a ese portal. Anímovos a entrar e partcipar.

LEER.ES Eu tiven a sorte de estar alí

A fin de semana do 13 ao 15 de novembro houbo en Madrid un congreso sobre lectura organizado polo Ministerio de Educación. Participamos 120 persoas e eu tiven a sorte de estar entre elas. Foi realmente extraordinario, os nomes dos ponentes xa din moito: Emilio Sánchez Miguel, Isabel Solé, Julián Pascual, Daniel Cassany, Elena Martín, Liliana Tolchinsky, Miriam Nemirovsky, Eduardo Vidal Abarca, Ángel Sanz Moreno, José Antonio Millán, Luis González, entre outros; en fin toda a plana maior sobre lectura e educación. Eu botei en falta a algunha persoa pero das que estaban non sobraba ningunha.
Gustoume case todo, só quero recoller algo que contou Liliana Tolchinsky: a resposta que lle deu un cativo cando lle preguntou ela para que servía ler. O cativo mirouna e dixo: "Para crecer". A min paréceme a mellor respota posible, a resposta dun sabio. Efectivamente, a lectura é o alimento do espíritu, a ximnasia do intelecto, imprescindibles para medrar como persoas.
Quero recoller aquí as conclusións finais do Congreso:

Fruto de las inquietudes de los asistentes al Congreso Nacional Leer.es y de los debates que han animado las sesiones, cabe trazar las siguientes conclusiones.
1. La competencia para leer, entender y utilizar de forma reflexiva documentos escritos de muy diverso tipo debe considerarse una competencia básica para cualquier ciudadano en la actual sociedad de la información y el conocimiento. Las personas que no alcancen un nivel aceptable en esta competencia corren el riesgo de quedar excluidas de la vida social, económica y cultural poniendo en grave riesgo su desarrollo personal y profesional. Tenemos pues la responsabilidad de proporcionar a todos esta competencia cultural básica.
2. Las innovaciones tecnológicas de las tres últimas décadas no han hecho sino acentuar la importancia de esta competencia, pero hacen también más complejo el acto de leer al requerir estrategias específicas para buscar, seleccionar, interconectar fuentes diversas de información para alcanzar una diversidad de objetivos.
3. La competencia lectora tal como ha sido definida en los dos puntos anteriores es una competencia compleja que requiere esfuerzo sostenido y un largo proceso de aprendizaje que hay que cifrar en años hasta conseguir el grado de dominio que hoy consideramos indispensable y que ha sido definido en los dos puntos anteriores.
4. Hay una apreciable variabilidad en cuanto a las características individuales y a los
apoyos sociales y culturales de nuestros estudiantes. Pero esas situaciones de partida son transformables y todos han de alcanzar unos logros aceptables que, no lo olvidemos, en el pasado sólo los consiguieron unos pocos. Es pues un desafío elevar la competencia lectora de todos los ciudadanos. La recompensa será una sociedad más culta, educada, más participativa y mejor preparada para asumir los retos de la sociedad del siglo XXI.
5. La magnitud de los objetivos que en la actualidad perseguimos en relación con la lectura demanda un ambicioso proyecto educativo que, a su vez, reclama un amplio compromiso de las instituciones, de todos los agentes e instancias educativas, como las familias, los medios de comunicación, las editoriales y otras empresas que elaboran materiales didácticos, quienes gestionan bibliotecas, ludotecas, etc.
6. Las evaluaciones que se han venido efectuando de las competencias lectoras de nuestros estudiantes, con todas las precauciones que requiere su interpretación, apoyan la idea de que el nivel de competencia lectora no es del todo satisfactorio. Por ello se necesita adoptar medidas de envergadura sostenidas en el tiempo.
7. La medida más simple y accesible es insistir y profundizar en actuaciones que ya se
vienen desarrollando, como los planes de promoción de la lectura y el papel de las bibliotecas escolares que proporcionan un marco a los centros y a otros agentes Congreso leer.es. Madrid, 13, 14 y 15 de noviembre de 2009 2 sociales. Su objetivo prioritario ha de tender a aumentar el peso de la lectura en todas las áreas y materias del currículo y en todos los formatos, reconsiderar el tratamiento educativo que recibe y llevar aparejados procesos de innovación y desarrollo profesional.
8. Ha llegado el momento, tras la experiencia acumulada, de afrontar la capacitación
de los asesores que se encargan de apoyar los planes de mejora de la lectura, única manera de ayudar a los centros a elaborar proyectos con objetivos ajustados a sus posibilidades, consensuados y evaluables. Esta formación de asesores es igualmente crítica para diseñar y llevar a cabo procesos de formación específicos dentro de los planes de promoción de la lectura.
9. Parece igualmente indispensable que la administración educativa arbitre medidas que incentiven procesos de innovación en el ámbito de la lectura que den lugar a cambios sostenibles que puedan ser acreditados mediante procedimientos rigurosos.
10. Finalmente creemos que es necesario incluir el desarrollo de la competencia lectora como línea prioritaria en las convocatorias oficiales, singularmente en I+D+i, para propiciar investigaciones rigurosas sobre aspectos relacionados con esta competencia, entendiendo que mejorar la competencia lectora de todos los ciudadanos es una prioridad nacional, como en otros tiempos fue lograr la escolarización plena de toda la población.

29 de octubre de 2009

O pai de Migueliño CASTELAO

Na xuntanza do día 28 de outubro tivemos ocasión de comentar con Carmen Becerra este texto de Castelao e a curtametraxe inspirada nel que podedes ver premendo no enlace




O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.
De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
Aquel si que era o pai de Migueliño.

25 de octubre de 2009

De novo Benedetti ¿E por que non lelo na rede?

Dado que estamos en tempo de crise imos aproveitar os recursos que nos ofrece Internet para ler na rede.
Propóñovos a lectura dunha selección de contos breves de Mario Benedetti na páxina web Biblioteca Digital Ciudad Seva - Cuentos. Aquí temos á nosa disposición máis de tres mil contos completos en formato dixital. Podedes entrar directamente aos contos de Benedetti premendo neste enlace. Son en total once contos moi breves, algúns de menos dunha páxina pero darán moito xogo.

A imagen y semejanza
Almuerzo y dudas
Beatriz, la polución
Corazonada
El Otro Yo
Gracias, vientre leal
La noche de los feos
Los bomberos
Pacto de sangre
Réquiem con tostadas
Sábado de Gloria

Dúas obras imprescindibles sobre lectura literaria na escola



Xa estamos de volta, despois dun verán que se resiste a deixarnos. Pero xa é tempo de voltar a lecturas máis reflexivas.

Esta fin de semana tivemos a oportunidade de escoitar nas Xornadas de bibliotecas escolares a Guadalupe Jover. Escoitala foi unha experiencia extraordinaria. Eu diría que fala "como un libro aberto" e ademais comunica o seu entusiamo pola lectura literaria. Escoitar a Guadalupe incitoume a reler o seu libro Un mundo por leer e a recomendar a súa lectura. Pero ademais é imposible non ligala á Teresa Colomer e a súa obra Andar entre libros.

Ambas enfróntanse a unha serie de cuestións fundamentais ¿Por que ler na escola? ¿Para que serve? E ambas por camiños diferentes e con reflexións ben fundamentadas inciden na importancia de ler literatura para ler o mundo, para comprendelo mellor.

Creo que son dous libros de cabeceira que nos axudan a dar sentido ao noso traballo. Os dous son excelentes e eu diría que de lectura obrigada.

9 de junio de 2009

Máis recomendacións para o verán







Raquel Mera envíanos unha recomendación que vos reproduzo a continuación:"


Veño de re-ler "Identidades asesinas" de Amin Maalouf . Historia. Alianza Editorial e me parece moi recomendable nos tempos que corren. Fácil de ler e cheo de sentido común. Espero que coincidamos. Saúdos. Raquel Mera
Tamén vos inclúo uha reseña do libro:

Denuncia apasionada de la locura que incita a los hombres a matarse entre sí en el nombre de una etnia, lengua o religión, IDENTIDADES ASESINAS es, a la vez, una tentativa de comprender por qué en la historia de la humanidad la afirmación del uno ha significado siempre la negación del otro. Desde su condición de hombre situado entre Oriente y Occidente que gravita sobre toda su obra, ya sea literaria ­« León el Africano », «Las escalas de Levante»­, ya sea histórica ­«Las cruzadas vistas por los árabes»­, cuando se le pregunta a Amin Maalouf si se siente más libanés o más francés, responde que por igual: «Lo que me hace ser yo mismo y no otro -­escribe­- es que estoy a caballo entre dos países, entre dos o tres lenguas, entre varias tradiciones culturales. Ésa es mi identidad».

29 de mayo de 2009

Máis sobre Benedetti

A continuación tedes un poema de Benedetti. Poderedes escoitalo recitado polo autor premendo no enlace do título.

No te salves

No te quedes inmóvil al borde del camino
no congeles el júbilo
no quieras con desgana
no te salves ahora ni nunca
no te salves
no te llenes de calma
no reserves del mundo
sólo un rincón tranquilo

no dejes caer los párpados
pesados como juicios
no te quedes sin labios
no te duermas sin sueño
no te pienses sin sangre
no te juzgues sin tiempo

pero si
pese a todo
no puedes evitarlo
y congelas el júbilo
y quieres con desgana
y te salvas ahora
y te llenas de calma
y reservas del mundo
sólo un rincón tranquilo
y dejas caer los párpados
pesados como juicios
y te secas sin labios
y te duermes sin sueño
y te piensas sin sangre
y te juzgas sin tiempo
y te quedas inmóvil
al borde del camino
y te salvas
entonces
no te quedes conmigo

Tamén é moi boa esta versión do poema recitada polo actor Miguel Ángel Sola

Podedes ler na rede máis poemas de Benedetti na seguinte páxina: http://www.sololiteratura.com/ben/obraenverso.html

Homenaxe a Mario Benedetti


Isabel Pazos, integrante do noso club de lectura, envíanos un femoso texto que compuxo en homenaxe a Mario Benedetti e que vos transcribo a continuación.
“Tengo el corazón mirando al sur” con nostalgia, con preguntas sin respuesta. EL MUNDO QUE RESPIRO hoy viste de luto porque ha muerto un hombre honesto, un hombre bueno. Lo lloran el ombú y la flor de ceibo, el roble, el chajá, el teruteru… cada farol, cada baldosa, cada calle, cada esquina de ese paisito que hoy es tango más que nunca, que se revuelve algo más solo, algo más huérfano. La ciudad de las tiernas soledades, Montevideo,
escucha su silencio
y no puede creer en tanta ausencia
y no puede creer en tanta muerte…
Más al norte y más al sur, nubes de tristeza cubren sus patrias suplentes, compañeras . LA VIDA ESE PARÉNTESIS se cierra, dejándonos para siempre la PRIMAVERA CON UNA ESQUINA ROTA.
Se quebró la voz de Benedetti, le ganó el silencio la partida. Ya no lo miran las dudas desde lejos, ya no le duele en lo más hondo el desexilio. ESTA MAÑANA, el viento lleva su nombre de paisaje en paisaje, de abrazo en abrazo y ya no tienen vigencia odios de antes, la nostalgia le deja al fin tranquilo. La ternura siempre frágil, siempre niña, cierra los ojos, guarda silencio… y una lluvia de versos cual pedacitos de sueños lava la soledad de sus lectores y lectoras. Quiere aliviar la pena, brindar consuelo, defender la alegría.
Ha muerto el poeta de lo cotidiano, del amor y el compromiso ; el escritor de mirada serena y melancólica ; el porfiado defensor de la justicia.
¿ Qué nos queda de su paso por el mundo ?
INVENTARIOS de gestos y palabras que apuntalan firmemente la utopía, SIEMBRAS Y COSECHAS, INSOMNIOS Y DUERMEVELAS, ADIOSES Y BIENVENIDAS.
Nos quedan, entre DESPISTES Y FRANQUEZAS, las CANCIONES DEL QUE NO CANTA y un BUZÓN DE TIEMPO para salvar sus versos del olvido.
Isa Pazos Cancela

26 de mayo de 2009

Lecturas de vacacións


LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN
Para abrir esta sección, como lectura moi entretida e sen máis pretensións para o verán, propóñovos a triloxía Millenium de Stieg Larsson. Despois de Los hombres que no amaban a las mujeres e a segunda parte La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, publicarase en xuño a terceira e última entrega La reina en el palacio de las corrientes de aire.
Ten unha serie de ingredientes moi ben combinados (intriga, mundo das finanzas, da informática e os hacker, etc. etc. etc.) que fan que resulte unha obra moi actual, que "engancha" desde o principio ata o final.
Podedes aproveitar esta sección para propoñer lecturas "refrescantes" e facer comentarios de lecturas feitas.





14 de mayo de 2009

Máis sobre Pennac e Mal de escola


"Se suele creer que a los malos alumnos les da todo igual, pero la realidad es otra. El fracaso escolar se vive con un gran sufrimiento. Yo lo sé porque lo he vivido"
"Muchos docentes deberían replantearse sus métodos. En mi caso, como profesor de Lengua, tenía que hacerles entender que la gramática no es un simple conjunto de reglas, sino el instrumento con el que la humanidad consigue expresar razonamientos y sentimientos. Que los adjetivos no son abstractos, sino que proceden del deseo de precisar el significado de un nombre. Que los pronombres pueden esconder grandes misterios"

Estas citas corresponden a unha entrevista a Pennac publicada en "La Nación" de Argentina. Podedes lela premendo no enlace.
Ademais, tamén vos deixo un enlace a unha páxina moi vistosa sobre o libro, da editorial Mondadori, que enlaza con outra páxina heducación.com á que vale a pena botarlle un vistazo. ¡Probade!

11 de mayo de 2009

Literatura infantil e xuvenil

No boletín informativo da Consellería de Educación nº 29 de 8 de maio de 2009 aparece a seguinte información:O Banco del Libro de Venezuela acaba de dar a coñecer a lista de gañadores da XXIX edición de Los Mejores Llibros para Niños y Jóvenes publicados en lingua castelá (orixinais ou traducións) en tres categorías: infantil, xuvenil e os tres imprescindibles da biblioteca. Pola súa banda, o Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez tamén publica anualmente a súa selección, que inclúe literatura en castelán, galego, catalán e vasco. Podedes entrar nestes documentos a través dos enlaces.

8 de mayo de 2009

A escola de antes

Mercedes Gándara envíanos unha fermosa presentación francesa sobre a escola de hai máis de cincuenta anos. Recolle fotografías de espazos e materiais que poden facernos rememorar os tempos en que íamos á escola ou as historias que nos contaban na casa sobre a escola de tempos pasados. En calquera caso son fermosas imaxes para acompañar a lectura de Mal de escola. Podedes ver a presentación premendo no enlace.

25 de abril de 2009

Mal de escola



"Le cancre" (o zoquete) é o título dun poema de Jacques Prévert (1900-1977) que resulta moi apropiado para presentar a próxima lectura do club. Se queres ler a tradución podes facelo aquí.




O libro que leremos este mes é Mal de escola de Daniel Pennac. Podes acceder a través deste enlace a un dossier sobre a obra e o autor, así como a algún outro material complementario. Se queres, tamén podes descargalo. A data proposta, en principio, é o día 20 de maio.

21 de abril de 2009




Aquí tedes a carátula da película. Por fin desvelamos o misterio. Podedes consultar a ficha técnica da película así como outras informacións adicionais de interese neste enlace. Despois de lelo tedes a posibilidade de facer comentarios a través deste blog. As persoas que non poidan asistir ao pase da película poden pedila en préstamo para ver na súa casa.
Tamén podedes ver a presentación dos irmáns a través deste enlace.

30 de marzo de 2009

Relatos de lo inesperado


Para iniciar esta sección, e seguindo con Roald Dahl, vou suxerirvos una lectura para estas vacacións: Relatos de lo inesperado, que estou segura de que non vos defraudará se decidides lelo. Son relatos breves, cheos de intelixencia e ironía, que permiten unha lectura relaxada, pracenteira e tamén unha reflexión sobre moitos aspectos sociais e humanos. Non quero adiantarvos máis nada. ¡Xa me contaredes!

Boy


Para iniciar esta sección vou propoñer un libro que me gusta moito para o primeiro ciclo da ESO pero que tal vez podería valer para o terceiro ciclo de Primaria. Chámase Boy. É un relato autobiográfico de Roald Dahl, que recolle os seus primeiros 18 anos de vida, cheos de experiencias inolvidables. Recoméndovos que o leades, creo que ten moitas posiblidades para traballar na aula.

29 de marzo de 2009

Mal de escola

Aínda que na próxima xuntanza do club, o día 22 de abril, veremos unha película, que despois comentaremos, xa temos unha proposta para a seguinte lectura. Falamos na última xuntanza dun libro recente, interesante e tamén divertido: Mal de escola de Daniel Pennac. Algunhas persoas xa o temos lido e consideramos que pode ser unha proposta interesante. Podedes ir facendo propostas para próximas lecturas.

28 de marzo de 2009

Unha posible resposta a unha das preguntas do cuco


Como na próxima sesión veremos unha película e algunha xente me preguntou se non habia ningunha proposta de lectura, pásovos un breve conto titulado El premio del cuco para que poidamos seguir reflexionando e poidades escribir, se queredes, as vosas suxestións. O conto é o seguinte:


El premio del cuco
En una esplendorosa mañana de primavera, Chaac, el antiguo dios maya de los campos y cultivos, llamó a todas las aves a una reunión en el bosque.
—Llegó la hora de sembrar —dijo—. ¿Me ayudarán a preparar los campos, como lo han hecho en temporadas anteriores?
Todos los pájaros murmuraron entre sí y acordaron ayudar del modo que pudieran.
El búho, sabio consejero de todas las aves, preguntó en su modo solemne: —Chaac, ¿cuándo comenzaremos nuestro trabajo?
—Mañana al amanecer —respondió Chaac—. Pero tienen que trabajar con rapidez, porque a mediodía el dios del fuego vendrá a quemar las plantas antiguas.
Antes de que Chaac terminara de hablar, el cuco revoloteó entre los pájaros. Sus brillantes ojos amarillos y su plumaje con los colores del arco iris hizo que muchos lo miraran con admiración.
—¿Alguien podría decirme qué debemos hacer? —gritó fuerte—. No puedo recordar lo que hice la temporada anterior.
Avergonzado por el comportamiento del cuco, el búho dijo:
—No puedes recordarlo, porque nunca viniste a ayudarnos.
—¡Se esconde porque le teme al fuego! —graznó el papagayo.
El cuco se alejó porque el papagayo había dicho la verdad. Chaac sonrió y levantó la mano para pedir silencio.
—Estoy seguro de que cada uno hará su parte. La tarea es simple: todas las aves recolectarán sus semillas favoritas junto con muchos granos de maíz hasta que no queden semillas que reunir. Las apilarán en el borde del bosque para que puedan plantarse cuando los campos
estén listos.
Antes del amanecer, unos ruidos crepitantes despertaron al búho y éste voló rápidamente hacia un árbol alto. Justo lo que había sospechado: el fuego inflamaba las cercanías. A la distancia, vio al dios del fuego escabulléndose de campo en campo, inflamando todo con su gran antorcha.
“Éste es otro de los trucos del malévolo dios del fuego”, pensó el
búho. Así que voló por el bosque para despertar a los demás pájaros
y gritarles: —¡Rápido, rápido! Vuelen al campo de inmediato.
Cuando las aves llegaron al lugar, no podían creer lo que veían. Un
solitario pájaro volaba de un lado al otro entre las llamas que rugían.
—Seguramente ese pájaro es algún dios —dijeron en coro—.
Ninguna criatura terrenal tiene el valor y la fortaleza para transportar semillas de un lugar tan ardiente.
—Tiene plumas de color humo y ojos rojizos —observó el búho.
El pájaro estaba tan exhausto que se alejó de los campos ardientes y voló hacia una charca para sumergirse en agua fría. Las demás aves lo siguieron.
—¡Es el cuco! —gritaron—. ¡El valiente cuco! —La voz del papagayo era la más fuerte de todas.
Todas las aves se reunieron con asombro alrededor del cuco, porque había salvado las semillas que les darían de comer durante
el próximo invierno. El búho habló a su manera sabia y benévola.
—Querido cuco, cómo símbolo de nuestra gratitud, deseamos
otorgarte a ti y a todos los cucos un premio eterno. Desde hoy en
adelante, otras aves cuidarán a tus hijos y a los hijos de tus hijos
por siempre.
Así es como el cuco obtuvo las plumas grises y los ojos color llama, y por qué coloca sus huevos en los nidos de otros pájaros que cuidan a sus crías.

Creación do club de lectura



Este ano 2009, por iniciativa da biblioteca do CFR de Pontevedra, bota a andar un club de lectura que ten por obxectivo reunir a un grupo de persoas interesadas na lectura e na aprendizaxe para compartir reflexións e experiencias.
Este blog intenta ser un espazo ao que recorrer cando queiramos deixar algunha reflexión por non poder asistir á sesión presencial do club ou simplemente porque queremos compartila.


Aproveitaremos esta oportunidade tanto para facer comentarios sobre as lecturas propostas como para facer propostas para o club, suxestións de novas lecturas ou recomendacións de libros para a aula.



Aquí tedes unha fotografía dunha das primeiras sesións realizadas
Podedes ver tamén neste enlace a presentación do paporrubio sorprendido