22 de enero de 2010

Dúas pequenas xoias literarias

Vou facervos unha proposta de lectura, xa que non temos "deberes" para a próxima xuntanza do club. Trátase de dous contos de Julio Cortázar que poden servirnos para reflexionar sobre tipos de narrador e punto de vista, cuestión que se suscitou na última xuntanza do club.


Son dous contos moi breves pero realmente xeniais, sen fisura algunha, dúas xoias literarias. Podedes lelos premendo nos enlaces correspondentes: La señorita Cora e La noche boca arriba


Despois de lelos podedes facer comentarios no blog ou enviarmos a min para que eu os suba. Creo que merece a pena

17 de enero de 2010

Anxos Sumai


Aquí tedes un enlace á revista Praza das letras con datos sobre a autora e outro a unha entrevista na que fala de Así nacen as baleas no periódico El País.