19 de abril de 2011

A LECTURA DE MAIO


Como vos anunciamos na entrada anterior, a vindeira lectura ten que ver co libro "Pontevedra As Arbores da cidade" de Amancio Castro e Jaime B. Blanco editado polo Concello de Pontevedra, así que ide facéndovos con el. Será o xoves, 12 de maio; sairemos ás 16,30 h. da Estación de Autobuses coa intención de chegar á Alameda ás 18 h. Amancio fará a correspondente presentación de cada un dos elementos da flora e nós poderemos afondar coa lectura do seu libro.

10 de abril de 2011

AO REDOR DO LIBRO "TODO É SILENZO"

O pasado día 7 de abril, o club reuniuse para comentar o libro de Manuel Rivas "Todo é silenzo". Foi unha sesión moi interesante de intercambio de impresións sobre aspectos argumentais do libro, sobre os sentimentos que provoca, sobre a prosa e as magníficas descricións,...
Poñemos algunhas fotos do inicio da sesión, cando iamos incorporándonos ao grupo.

Cara á vindeira sesión propúxose unha lectura relacionada coas árbores de Pontevedra e unha diferente maneira de ler... "ler en itinerario", poñeremos unha nova entrada con toda a información.