27 de diciembre de 2013

LECTURA PARA XANEIRO

Acabamos de recibir a confirmación de que o escritor Xosé Vázquez Pintor compartirá con nós a seguinte xuntanza do Club.
A súa novela "MEMORIA DO BOI" foi elixida como lectura colectiva para o vindeiro venres,  24 de xaneiro, ás 18 h. no Pazo de Cultura.
Vémonos o 24! e mentres, seguide gozando das vacacións e cargando pilas para o 2014 que logo comeza.

16 de noviembre de 2013

LECTURA DE DECEMBRO

Manuel Lourenzo fíxonos unha proposta de lectura para decembro. Así que o venres 13 de decembro ás 18:00 horas, vémonos para comentar o libro unha vez lido. Igual nos acompaña Manuel

9 de noviembre de 2013

UNHA FANTÁSTICA SESIÓN CON MANUEL LOURENZO

Despois de escoitar a Manuel Lourenzo, somos as persoas máis adeptas ás atopocronías.
Estaremos espreitantes cara ao fondo da ría para ver a vindeira aparición das cegoñas

.
Grazas Manuel.

2 de octubre de 2013

EN NOVEMBRO: Cegoñas no fondo da ría

1.- BVG    2.- A súa obra    3.- Na wikipedia     4.- Cegoñas no fondo da ría
Xa temos tarefa para ler. A xuntanza co autor farémola o venres, 8 de novembro ás 18 h. no Pazo de Cultura. Contamos con todas e todos!


7 de agosto de 2013

LECTURA PARA SETEMBRO

 Lectura para o inicio de curso, 27 de setembro ás 18 h. no Pazo da Cultura.

3 de mayo de 2013

UN NOVO LIBRO PARA LER EN MAIO

Xa non será en maio, pero si para o día 7 de xuño, ás 18 horas no Pazo de Cultura. A túa opinión fainos máis sabios a todos.

31 de marzo de 2013

XA TEMOS PROPOSTA PARA LER EN ABRIL

A xuntanza trasladámola para o 3 de maio, á hora e no lugar de sempre. Merchi, que fixo de crítica sagaz, non dubida que nos atrapará este libro.

29 de marzo de 2013

UN NOVO LIBRO PARA ABRIL?

A xuntanza de marzo resultou moi interesante.
O libro de Marilar Aleixandre deu moito de si.

Agora estamos a pensar nun novo título. Hai moitas propostas, en breve aparecerá algo.
Mentres tanto hai que gozar das dúas datas lectoras que nos agardan:
  • 2 de abril: Día internacional do libro infantil e xuvenil
  • 23 de abril: Día do libro.

4 de febrero de 2013

XUNTANZA DE MARZO

A próxima xuntanza será o venres, 1 de marzo de 2013, ás 18h. no Pazo de Cultura. Esperamos que participedes nesta e vindeiras xuntanzas; un só cuco non fai primavera!