

Xa estamos de volta, despois dun verán que se resiste a deixarnos. Pero xa é tempo de voltar a lecturas máis reflexivas.
Esta fin de semana tivemos a oportunidade de escoitar nas Xornadas de bibliotecas escolares a Guadalupe Jover. Escoitala foi unha experiencia extraordinaria. Eu diría que fala "como un libro aberto" e ademais comunica o seu entusiamo pola lectura literaria. Escoitar a Guadalupe incitoume a reler o seu libro Un mundo por leer e a recomendar a súa lectura. Pero ademais é imposible non ligala á Teresa Colomer e a súa obra Andar entre libros.
Ambas enfróntanse a unha serie de cuestións fundamentais ¿Por que ler na escola? ¿Para que serve? E ambas por camiños diferentes e con reflexións ben fundamentadas inciden na importancia de ler literatura para ler o mundo, para comprendelo mellor.
Creo que son dous libros de cabeceira que nos axudan a dar sentido ao noso traballo. Os dous son excelentes e eu diría que de lectura obrigada.
3 comentarios:
Ola! Consuelo e demais cucas: non poiden estar na xuntanza do 28 pero vin a película a traves do blog.
Gústame que escollerades estes libros para a próxima sesión. Boa idea.
un saudo Mercedes
Ola! Sinto non ter estado na xuntanza anterior. Xa estou aplicándome coa lectura seguinte. Vémonos. Bicos
Hola cucas! sei que lle propoxeron a Consuelo visionar o film "ni uno menos", pois quero deciros que é moi bonito, dunha escola china dun pobiño pequeno, pobre e alonxado da cidade. Podese ver en youtube, non deixa descargala para gravar nun dvd pero si deixa vela online en 11 capitulos. Apoio a proposta para vela no club de lectura, e logo comentala.
Xa estou lendo o libro de Anxos Sumai, levo poucas páxinas e... a ver.
Saudos
Publicar un comentario