26 de octubre de 2015

LECTURA PARA NOVEMBRO

Lugar: Parador de Pontevedra,  inauguraremos este curso cun petisco no Parador.
Hora: 18h.
Data: venres, 27 de novembro. Esta data pode ter modificacións se o Parador esta ocupado ese día, estamos esperando resposta. Avisaremos con tempo por correo e neste blog.

17 de octubre de 2015

A PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO 2015-2016

O 16 de outubro tivemos unha fantástica xuntanza ao redor de dous libros:
- "Circe e o pracer do azul"
- "El guardián invisible"
A xuntanza do club tivo lugar nos locais da asociación "Salcedo Norte", un marco estupendo, unha sala ampla na que puidemos debater animadamente sobre as dúas lecturas realizadas no verán.

Na próxima entrada falaremos da proposta de lectura para o mes de novembro, así como da datana que terá lugar a xuntanza vindeira.