17 de diciembre de 2016

LECTURA CON MERENDA PARA DESPEDIR O ANO

Para rematar o ano lector no club...

acompañamos o comentario sobre o libro dunha merenda e dunha película valiosa e educativa,"Conducta".
Resultado de imagen de película conducta
Ademais recibimos o agasallo dunhas fermosas verbas que reproducimos:
BRINDO
por cada libro,
por cada soño,
por cada letra...
pola maxia dunha historia,
polo ritmo dun poema.
BRINDO
pola palabra,
a lectura,
a beleza...
polo CUCO que pregunta,
pola XENTE que contesta,
BRINDO na tarde queda,
BRINDO na noite lenta.
Saúde e libros no 2017!

21 de noviembre de 2016

LECTURA PARA O NADAL

Xuntanza do 16 de decembro no Parador (pendente de confirmar).
Ás 18 horas.

19 de noviembre de 2016

UNHA XORNADA ESPECIAL CON XOSÉ MONTEAGUDO

Onte tivemos a sorte de contar connosco durante a xuntanza do club con Xosé Monteagudo.
É o autor da obra que lemos neste mes: "Todo canto fomos".
Con el compartimos as nosas impresións sobre o libro e Xosé revelounos algúns detalles sobre el, a súa escrita, a documentación, a selección de portada, os seus soños,...
Agradecémoslle infinito terse achegado ata o Pazo, lugar que acolle as nosas xuntanzas.

15 de octubre de 2016

LECTURA PARA O MES DE SANTOS

O venres, 18 de novembro, pretendemos facer a xuntanza de costume. Ás 18 horas, no Pazo de Cultura.
Non esquezades que mañá celebraremos a xuntanza do Club. Como xa sabedes, compartiremos con Xosé Monteagudo as inquedanzas que o levaron a remover nas memorias para escribir este libro e debullar con el as engaiolantes historias que encerra.

4 de julio de 2016

LECTURA PARA DESPOIS DAS VACACIÓNS

 

Próxima xuntanza para o venres, 14 de outubro, ás 18h. Lugar: Pazo de Cultura ( isto confirmarémolo )
Bo verán a todas e todos.

24 de junio de 2016

UNHA XUNTANZA POLO SAN XOÁN

Hoxe, o club reuniuse para comentar o libro "Las sinsombrero" e ademais despedir a tempada cun cafeciño no Parador.
Verémonos cun novo libro despois do verán.
Felices lecturas a todas e a todos.


18 de mayo de 2016

LECTURA PARA XUÑO

A xuntanza para falar deste libro será o día  24, ás 18 horas, no Parador. Confirmade a vosa participación...

14 de mayo de 2016

XUNTANZA EN MAIO

A xuntanza do club prevista para comentar e debater o libro  Pan de limón con semillas de amapola, tivo lugar finalmente o 13 de maio.
Foi unha xuntanza especial con degustación dalgunha das receitas incluídas no libro.
Marcouse xa unha nova lectura e tamén a data da vindeira xuntanza que vos comentaremos nunha entrada posterior.

25 de marzo de 2016

LECTURA PARA ABRIL

Á fin non foi en abril, é en maio o día 13, ás 18 horas no Pazo de Cultura. Falaremos do libro e degustaremos o pan de limón coas pebidas de papoulas.

23 de enero de 2016

O CUCO VAI AO CINE






 E libro tamén. Día 26 de febreiro ás 18 h. Esperamos contar novamente co local no Pazo da Cultura.


22 de enero de 2016

UNHA XUNTANZA MOI AGRADABLE

Hoxe reuniuse o club.
Démoslle a benvida ás novas membros.
Como quedaramos, léronse fragmentos da obra de Neira Vilas como homenaxe.

A sesión completouse cos diferentes comentarios, debates, opinións, ... sobre o libro de Pedro Feijóo escollido para esta ocasión.