1 de diciembre de 2018

XUNTANZA DO 30 DE NOVEMBRO

A fins do mes de novembro tivemos a xuntanza do club ao redor do libro AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS.
Acompañounos Inma López SIlva, a autora.
Falounos sobre os personaxes, a súa visión do cárcere, como se documentou para escribir a novela, os seus proxectos futuros,... Respondeu a numerosas preguntas sobre a obra, a edición da mesma,...

Grazas Inma!

17 de noviembre de 2018

LECTURA PARA NOVEMBRO

Vémonos o día 30, no Pazo da Cultura, ás 18 horas. Imos contar coa presenza da autora nesta xustanza. Boa lectura!
Non será no Pazo de Cultura, imos estar na cafetaría Sirius, na Avda. de Vigo.

20 de octubre de 2018

EN OUTUBRO, XUNTANZA DO CLUB CON ARANTZA PORTABALES

O 19 de outubro, o club tivo a sorte de contar coa autora do libro "Deixe a súa mensaxe despois do sinal", libro que seleccionaramos para ler neste mes.
 Con Arantza Portabales pasamos unha sesión inesquecible que agardamos poida repetirse axiña.
https://photos.app.goo.gl/Ny4G5gxYA7RZBV66A




29 de agosto de 2018

LECTURAS PARA SETEMBRO

En setembro xa comezamos o "curso" de lecturas.  O venres 28, celebraremos a primeira xuntanza no Pazo de Cultura, ás seis da tarde.
Nota: Por causa da axenda de Arantza, trasladamos a data da xuntanza ao venres, 19 de outubro.

Xosé

22 de junio de 2018

XUNTANZA DE XUÑO

Hoxe houbo reunión do club.
Coa compaña de Ana Cabaleiro comentamos aspectos do seu interesante libro e despedimos o curso lector ata setembro cuns petiscos.
  https://photos.app.goo.gl/oB2wufXh4QN2Hzpa8
 Feliz lectura de verán!

2 de junio de 2018

LECTURA PARA SAN XOAN

Xuntanza no Sonata, día 22 de Xuño ás 18,30 h.

1 de junio de 2018

XUNTANZA AO REDOR DE ANAGNÓRESE

O 25 de maio xuntámonos para comentar o libro ANAGNÓRESE contamos coa presencia dunha moi boa amiga de Mª Victoria Moreno, Nenuca.
Con ela falamos do libros e de moitas anécdotas sobre Mª Victoria.
Aí quedan unhas fotos desa marabillosa sesión.

https://photos.app.goo.gl/YB5g3Vb3LEyzJJSX2

15 de abril de 2018

LECTURA PARA O MES DE MAIO.

Vémonos no Pazo de Cultura o 25 de maio, ás 18 h.



13 de marzo de 2018

LECTURA PARA O MES DE ABRIL

Unhas risas para o mes de abril. Pendentes de confirmar o lugar, esperamos engadirlle un pequeno petisco entre os comentarios.
Venres, 13 ás 18,30 h. no Sonata.

10 de marzo de 2018

A XUNTANZA DE MARZO

O pasado 9 de marzo reuniuse o club no Pazo da Cultura. A conversa sobre o libro foi moi amena e chea de detalles. Xurdiron comentarios e preguntas que nos tería gustado compartir co autor do libro «A nena do abrigo de astracán» Unha novela estupenda que nos fixo mergullarnos nuns dramáticos acontecementos non tan afastados das vivencias de moitas persoas nadas ao redor da primeira metade do século XX. A vindeira xuntanza está prevista para o mes de abril.

3 de febrero de 2018

LECTURA PARA O MES DE MARZO

Entrevista co autor

O venres, día 9 de marzo, no Pazo de Cultura, ás 18 horas, xuntanza do Club para mergullarnos novamente nunha etapa negra da nosa historia.