5 de diciembre de 2015

PRIMEIRA LECTURA PARA O 2016

A data escollida para vernos, é o venres, 22 de xaneiro, ás 18h.
Volvemos ao Pazo de Cultura.

28 de noviembre de 2015

ÚLTIMA XUNTANZA DO 2015

O club celebra a última xuntanza do 2015 cunha charla-tertulia sobre o libro seguida dunha merenda.
Escolleu o 27 de novembro, un día especial para as e os docentes.
O vindeiro xaneiro reunirémonos de novo cun libro moi interesante do que informaremos na seguinte entrada.

26 de octubre de 2015

LECTURA PARA NOVEMBRO

Lugar: Parador de Pontevedra,  inauguraremos este curso cun petisco no Parador.
Hora: 18h.
Data: venres, 27 de novembro. Esta data pode ter modificacións se o Parador esta ocupado ese día, estamos esperando resposta. Avisaremos con tempo por correo e neste blog.

17 de octubre de 2015

A PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO 2015-2016

O 16 de outubro tivemos unha fantástica xuntanza ao redor de dous libros:
- "Circe e o pracer do azul"
- "El guardián invisible"
A xuntanza do club tivo lugar nos locais da asociación "Salcedo Norte", un marco estupendo, unha sala ampla na que puidemos debater animadamente sobre as dúas lecturas realizadas no verán.

Na próxima entrada falaremos da proposta de lectura para o mes de novembro, así como da datana que terá lugar a xuntanza vindeira.

10 de julio de 2015

LECTURAS PARA OUTUBRO

Para as que estiveron e Elizondo e para os que non, para as que esperan o retorno dalguén ou andan buligando pola vida sen parada certa; para todas e todos faremos a próxima xuntanza.
LUGAR: nos locais do antigo colexio  da ONCE.
DÍA : venres, 16 de outubro.
HORA: 18h.

30 de abril de 2015

XUNTANZA DO MES DE MAIO

A data da seguinte xuntanza será o 29 de maio. Hora: 18h.
Lugar: Pazo da Cultura. Precisamos lector/lectora con algún relato acaído á estación na que estamos.

14 de marzo de 2015

LECTURA PARA O MES DE ABRIL

Abril,  xa é primavera  imos de cabeza as augas deste encoro.
Mergulládevos nelas e o día 24, contamos os achados realizados. Nesta ocasión cambiamos de sede , esta xuntanza vaise celebrar no local municipal que ten a Asociación de Veciños do Gorgullón. Hora: 18.

13 de marzo de 2015

XUNTANZA DO CLUB NO 13 DE MARZO

DESTA VEZ O LIBRO DEU MOITO QUE COMENTAR...
A NARRACIÓN NON DEIXOU INDIFERENTE A NINGUÉN...


VOLVEREMOS VERNOS EN ABRIL CUN NOVO LIBRO.

9 de febrero de 2015

LECTURA PARA O MES DE MARZO


Para a xuntanza do mes de marzo, resultou elixido este libro: "Vestido de noiva" esperamos que gocedes coa lectura e cos comentarios que dela se fagan na xuntanza do día 13 de marzo, ás seis da tarde no Pazo da Cultura (sen confirmar o lugar). Boa lectura!
Finalmente a xuntanza será no Parador no día e hora sinalados. Pódese trear calquera  vestimenta ou uniforme, a non ser, vestido de noiva!!