28 de septiembre de 2026
LECTURA PARA NOVEMBRO
O día 6 de novembro, ás 18 horas, contamos con Luís Rei no Pazo de Cultura para falar do seu libro "Elas dúas". Boa lectura.
26 de septiembre de 2026
XUNTANZA DE SETEMBRO
O venres, 25 de setembro, reuniuse o club para comentar o libro "Rewind". Tivemos a marabillosa compaña de Nenuca que nos suxerira a obra e que achegou a súa visión sobre ela nun debate intenso. Unha estupenda xuntanza acompañada dun refresco ou infusión.
27 de junio de 2026
LECTURA PARA SETEMBRO
En setembro o cuco retoma a actividade lectora, falaremos deste libro proposto por Nenuca e teremos o pracer de contar con ela para o debate.
Día 25 de setembro, 18 horas no Pazo de Cultura.
26 de junio de 2026
XUNTANZA DE XUÑO
Hoxe, reunímonos e realizamos comentarios moi interesantes sobre un dos libros dunha das triloxías de Esther García Llovet. Un libro rápido, raro e ambientado en Levante que permitiu poñer de relevo diferentes perspectivas das persoas lectoras ante a obra.
Verémonos despois do verán diante dunha nova proposta lectora que vos colocaremos nunha entrada deste blog. Deica setembro!
9 de mayo de 2026
XUNTANZA DE MAIO
Este venres, 8 de Maio, reuniuse o club para debater sobre o libro do mes.
A conversa resultou moi interesante e instrutiva, unha temática que promete Ter continuidade.
28 de marzo de 2026
LECTURA PARA ABRIL
Este é o libro elixido polo club para o mes de abril, aínda que a xuntanza será o 8 de maio ás 18 h. no Pazo da Cultura. Tamén proxectaremos un pequeno documental, a determinar..., nesta sesión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























