20 de octubre de 2012

MÁIS VALE TARDE...


Xa temos local para facer as xuntanzas do club. O vindeiro venres 14 de decembro ás 18 h.estades, todas e todos, convocadas no Pazo da Cultura en Pontevedra. A xuntanza farémola nun dos seminarios do Pazo. Para as persoas que se desprazan en coche, contamos con aparcadoiros amplos e cómodos. Rematada a sesión literaria tentamos facer tamén a gastronómica para axudar a levar esta vaga de crise que o asolaga todo.