29 de marzo de 2009

Mal de escola

Aínda que na próxima xuntanza do club, o día 22 de abril, veremos unha película, que despois comentaremos, xa temos unha proposta para a seguinte lectura. Falamos na última xuntanza dun libro recente, interesante e tamén divertido: Mal de escola de Daniel Pennac. Algunhas persoas xa o temos lido e consideramos que pode ser unha proposta interesante. Podedes ir facendo propostas para próximas lecturas.

1 comentario:

Laroa dijo...

Ola chicas do club de lectura, como esta semana morreu Miguel Delibes quizais o próximo libro podería ser del, ¿que vos parece? ide pensando en título, ou títulos porque os ten tan bonitos que vai ser difícil escoller un so.
Bueno saudos e bo fin de trimestre que xa queda pouco!