28 de marzo de 2009

Creación do club de lectura



Este ano 2009, por iniciativa da biblioteca do CFR de Pontevedra, bota a andar un club de lectura que ten por obxectivo reunir a un grupo de persoas interesadas na lectura e na aprendizaxe para compartir reflexións e experiencias.
Este blog intenta ser un espazo ao que recorrer cando queiramos deixar algunha reflexión por non poder asistir á sesión presencial do club ou simplemente porque queremos compartila.


Aproveitaremos esta oportunidade tanto para facer comentarios sobre as lecturas propostas como para facer propostas para o club, suxestións de novas lecturas ou recomendacións de libros para a aula.



Aquí tedes unha fotografía dunha das primeiras sesións realizadas
Podedes ver tamén neste enlace a presentación do paporrubio sorprendido




6 comentarios:

Azu dijo...

Seguro que imos gozar moito do blog. Poderemos facer críticas e mesmo suxestións.
Para comezar quero propor a lectura de "Conversaciones matemáticas con Mª Antonia Canals" publicado en Graó, encantoume.

Laroa dijo...

OLA! A TODAS AS PERSOAS DO CLUB DE LECTURA. NON SEI MANEXAR BEN ESTA FERRAMENTA DE BLOG. ESTO É UNHA PROBA A VER QUE DA DE SI. SAUDOS.

Laroa dijo...

Pois faime moita ilusión esto do blog, xa saiu o que escribin antes. Animadevos a escribir ¡é unha idea magnífica!
outro saudo

Laroa dijo...

Pois visionamos no cole o film da "Camella que chorou", púxemola para o alumnado de sexto, no salón de actos con pantalla xigante (dos cines de verdade) e sonido sensorrou, (faltaron as palomitas). Teño que decir que non se escoitou un murmullo, a película acaparou a atención dos rapaces. Solo se escoitaron, silvidos e risas cando o neno sae espido no momento do baño, e cando a camella pare, que as nenas berraron como se lles doese a elas. Esa foi a escena máis comentada no coloquio. Nada máis acenderse as luces do final a primeira expresión en voz alta que se escoitou foi "a música calma a las fieras". Os comentarios foron variados e deron moito de si para falar dun motón de cousas. ¡moi acertada a película!

Laroa dijo...

Aqui non escribe nadie ¿que pasa?
Xa non escribo máis pois si nadie escribe e que ninguen le.
¿Hai alguen ahi?????????

Azu dijo...

Hai alguén pero seguro que é tímida
Vexo que xa che faltou tempo para poñerlla ao alumnado...
Tiña razón Carmela que resultaba, non si?
Tamén dá resultados este minivideo:


http://www.gamaniak.com/video-2822-presto-pixar.html