
Tamén tedes acceso a un artigo sobre El camino, de Jorge Urdiales Yuste, titulado El camino, de Miguel Delibes: la “circunstancia” rural de Daniel, el Mochuelo.

Como mostra de recoñecemento e gratitude a este autor que nos deixou recentemente, para a próxima xuntanza proponse a lectura (ou relectura) de El camino, unha das primeiras novelas do autor onde xa aparecen algúns dos temas fundamentais da súa obra como o mundo rural, a España de postguerra ou a infancia.
Para a próxima xuntanza do club leremos O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.
Roald Dahl é mundialmente coñecido e recoñecido como autor de literatura infantil e xuvenil de éxito e de calidade. Pero tamén escribiu relatos para adultos caracterizados pola enorme sutilieza coa que presenta distintos comportamentos humanos, pola súa fina ironía e sentido do humor. Para a próxima xuntanza do club leremos unha serie de relatos do seu libro para adultos Relatos de lo inesperado, en particular proponse a lectura dos seguintes contos: Cordero asado , Nunc dimittis, La patrona, La subida al cielo, Placer de clérigo, La señora Bixby y el abrigo del coronel
Ni uno menos é o título da película que veremos e comentaremos esta tarde. É unha película chinesa filmada en 1999 e dirixida por Zhang Yimou.

Na próxima xuntanza do club leremos Así nacen as baleas, novela da escritora Anxos Sumai que obtivo o Premio Repsol YPF do ano 2007, premio de narrativa breve organizado por Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia.



