5 de mayo de 2010

A propósito do amor



A lectura de O único que queda é o amor en que se presenta unha visión do amor nostálxica, idealizada e na que aparecen moitas referencias literarias, tróuxome o recordo dun libro ben diferente no que tamén están presentes as referencias literarias pero a visión do amor é moi distinta. Trátase dun amor apaixonado, irrefrenable, unha forte atracción entre dúas persoas; unha historia de amor heterodoxa e que mesmo podíamos catalogar de "politicamente incorrecta" pero que ten unha tremenda forza e non deixa a ninguén indiferente.
Anímovos a lela e, para "facer boca", déixovos unha cita:
(...) "Cuando me paro a contemplar mi estado / y a ver los pasos por do me ha traído" recitó. Y preguntó con picardía:
-¿Cómo sigue?
" Yo acabaré, que me entregué sin arte/ a quien sabrá perderme y acabarme", dijo él.
Ella lo repitió con la misma ternura, y continuaron así hasta el final del libro, saltando versos, pervirtiendo y tergiversando los sonetos por conveniencia, jugueteando con ellos a su antojo con un dominio de dueños. Se durmieron de cansancio...

In memóriam Delibes

Como mostra de recoñecemento e gratitude a este autor que nos deixou recentemente, para a próxima xuntanza proponse a lectura (ou relectura) de El camino, unha das primeiras novelas do autor onde xa aparecen algúns dos temas fundamentais da súa obra como o mundo rural, a España de postguerra ou a infancia.

4 de mayo de 2010

Petiscos de poesía


Para continuar o camiño iniciado coa lectura da breve antoloxía poética de Miguel Hernández, déixovos aquí unha escolma de poemas de Uxío Novoneyra feita no IES de Porta do Son por Sonia Ces García e Román Cerqueiro Landín, aos que lles agradecemos moito este fermoso traballo.
Na sesión de xuño teremos oportunidade de comentar algúns destes poemas ou outros que propoñades.