
Vou facervos unha proposta de lectura, xa que non temos "deberes" para a próxima xuntanza do club. Trátase de dous contos de Julio Cortázar que poden servirnos para reflexionar sobre tipos de narrador e punto de vista, cuestión que se suscitou na última xuntanza do club.
Son dous contos moi breves pero realmente xeniais, sen fisura algunha, dúas xoias literarias. Podedes lelos premendo nos enlaces correspondentes: La señorita Cora e La noche boca arriba
Despois de lelos podedes facer comentarios no blog ou enviarmos a min para que eu os suba. Creo que merece a pena
2 comentarios:
Acabo de ler "La señorita Cora" realmente é unha xoia literaria. Realmente non hai nada mellor que ver ás cousas e ás persoas dende puntos de vista diferentes. Ogallá puidesemos facelo sempre.
Azu
Esquecín dicir que " La señorita Cora" pode verse en vídeo neste URL:
http://www.youtube.com/watch?v=JdAn29Xm5AI
Azu
Publicar un comentario