10 de marzo de 2018

A XUNTANZA DE MARZO

O pasado 9 de marzo reuniuse o club no Pazo da Cultura. A conversa sobre o libro foi moi amena e chea de detalles. Xurdiron comentarios e preguntas que nos tería gustado compartir co autor do libro «A nena do abrigo de astracán» Unha novela estupenda que nos fixo mergullarnos nuns dramáticos acontecementos non tan afastados das vivencias de moitas persoas nadas ao redor da primeira metade do século XX. A vindeira xuntanza está prevista para o mes de abril.

No hay comentarios: