
Faremos un percorrido literario-paisaxístico coa seguinte ruta:
1. Saída de Pontevedra ás 10 da mañá do sábado 29 de xaneiro (Parada de Autobuses Avda Buenos Aires, diante do "Búho Azul"). A puntualidade é unha virtude se queremos
facer o que temos programado.
2. Imos dirección ao Mosteiro de Carboeiro, onde faremos unha visita ao monumento e se o tempo o permite, ao seu contorno. (Se procede, poderemos facer unha paradiña curta para tomar un café)
3.Sobre as 14 horas,
4. Despois da comida, visitaremos a “Fundación Neira Vilas”, onde comentaremos co autor a súa obra e asinaranos os exemplares que levemos.
5. Cara ás 18h, regreso
a Pontevedra

18 comentarios:
Ola! Son Azucena, contade comigo para esa viaxe. Tamén vai ir a miña irmá Loli. Vémonos no roteiro
Ola todas e todos! Son Xosé Luís, eu tamén penso ir. A miña filla Raquel pide permiso para acompañarlos. Contade con nós.
Ola! eu son Mercedes e tamén apúntome á exursión do 29 de xaneiro.
Ola, son Conchi Mumary e apúntome á viaxe do sábado 29. Amancio tamén virá. Saúdos
Ola! son Carmela contade comigo estou encantada de facer esta xuntanza de de luxo.
Son Concha Villar Neira (cvneira@edu.xunta.es) e confirmo a asistencia o día 29. Grazas.
Ola! Son Lola Grande P. confirmo a miña asistencia ao roteiro do día 29.
Ola,ola:
Son Isa.Contade tamén comigo.Estou encantada de ir con vós.
Saúdos de luns válidos para toda a semana
Saudos de Conchi Bralo. Contade comigo inda que penso que xa me anotei noutro lado.
Ola! Son Pili. Eu tamén penso ir o 29. Ao meu home apetécelle ir por que di que se sente un pouco Balbino. Se estades de acordo iremos ou dous.
Ata sábado.
Ola! Son Mª Carmen Sieiro e tamén quero confirmar a miña asistencia ao roteiro.
Ola!. Son Julia e ainda que con algo de retraso , apúntome a viaxe . Contade conmigo.
O autobus salira as 10h da maña da parada de autobuses que hai na rua Buenos Aires. Ë a parada dos buses que suben a Monteporreiro. Ten 25 plazas e se non conto mal somos 16, inda hai plazas vacantes.
Saudos.
Ola, son Consuelo, tamén irei á viaxe do sábado 29. E tamén levarei compañía; o meu home, Ángel, di que é unha proposta moi interesante e que lle apetece aproveitala.
¡Ata sábado!
Consuelo
Por si alguen esta relendo o libro e non atopa o significado de "moxardo" xa que é un localismo dificil de atopar nos diccionarios, pois según Xosé Luis, que é nado na zona, é un tabán, unha mosca grande que na zona de Vila ce Cruces chamanlle "tabao".
¿Alguen ten experencia de ler este libro cos rapaces? ¿resultoulle doado que o entenderan?
Son Laura Piay . Quero apúntarme ao roteiro.Contade comigo.
Vémonos
Son Manuela Garrido e tamén me apunto á viaxe, pensei que xa estaba anotada.
ola! Somos Encarna e Daniel. Queremos reservar dúas plazas para ir á excursión do 29 de xaneiro.
Publicar un comentario