Abril, xa é primavera imos de cabeza as augas deste encoro.
Mergulládevos nelas e o día 24, contamos os achados realizados. Nesta ocasión cambiamos de sede , esta xuntanza vaise celebrar no local
municipal que ten a Asociación de Veciños do Gorgullón. Hora: 18.
14 de marzo de 2015
13 de marzo de 2015
XUNTANZA DO CLUB NO 13 DE MARZO
DESTA VEZ O LIBRO DEU MOITO QUE COMENTAR...
A NARRACIÓN NON DEIXOU INDIFERENTE A NINGUÉN...
VOLVEREMOS VERNOS EN ABRIL CUN NOVO LIBRO.
A NARRACIÓN NON DEIXOU INDIFERENTE A NINGUÉN...
VOLVEREMOS VERNOS EN ABRIL CUN NOVO LIBRO.
9 de febrero de 2015
LECTURA PARA O MES DE MARZO
Para a xuntanza do mes de
marzo, resultou elixido este libro: "Vestido de noiva"
esperamos que gocedes coa lectura e cos comentarios que dela se fagan
na xuntanza do día 13 de marzo, ás seis da tarde no Pazo da Cultura
(sen confirmar o lugar). Boa lectura!
Finalmente a xuntanza será no Parador no día e hora sinalados. Pódese trear calquera vestimenta ou uniforme, a non ser, vestido de noiva!!
Finalmente a xuntanza será no Parador no día e hora sinalados. Pódese trear calquera vestimenta ou uniforme, a non ser, vestido de noiva!!
14 de diciembre de 2014
A PRIMEIRA LECTURA PARA O 2015
Para o día 6 de febreiro de 2015, resultou elixido este libro de Cristina Sánchez-Andrade. Mañá, ás seis da tarde, vémonos no Pazo de Cultura. Traede os picos afiados para desenterrar todos os misterios de Terra Chá.
13 de diciembre de 2014
SESIÓN CINEMATOGRÁFICA DO CLUB
O club de lectura remata este ano cunha sesión de cine e unha merenda.
A película (con varios premios no seu haber -4 nominacións ao Oscar, dúas nominacións aos Globos de ouro, e Oso de prata no festival de Berlín- deu pé a moitas reflexións, comentarios e mesmo sorrisos.
É unha historia baseada en feitos reais, na que se xulga a un profesor por ensinar ao seu alumnado a teoría da evolución das especies.
Foi unha sesión extraordinaria que recollemos nestas imaxes:

30 de noviembre de 2014
UNHA LECTURA DIFERENTE PARA DECEMBRO
No mes de decembro o club propón "ler" nas imaxes dunha película.
Hai varios títulos entre os que seleccionar, mais o vindeiro 12 de decembro a sesión de lectura cinematográfica farase ao redor dun filme de 1960 .
Hai varios títulos entre os que seleccionar, mais o vindeiro 12 de decembro a sesión de lectura cinematográfica farase ao redor dun filme de 1960 .
11 de octubre de 2014
LECTURA PARA O MES DE SANTOS
O vindeiro 14 de novembro verémonos novamente no Pazo da Cultura, ás seis da tarde para falar deste libro.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)