23 de enero de 2016

O CUCO VAI AO CINE






 E libro tamén. Día 26 de febreiro ás 18 h. Esperamos contar novamente co local no Pazo da Cultura.


22 de enero de 2016

UNHA XUNTANZA MOI AGRADABLE

Hoxe reuniuse o club.
Démoslle a benvida ás novas membros.
Como quedaramos, léronse fragmentos da obra de Neira Vilas como homenaxe.

A sesión completouse cos diferentes comentarios, debates, opinións, ... sobre o libro de Pedro Feijóo escollido para esta ocasión.

5 de diciembre de 2015

PRIMEIRA LECTURA PARA O 2016

A data escollida para vernos, é o venres, 22 de xaneiro, ás 18h.
Volvemos ao Pazo de Cultura.

28 de noviembre de 2015

ÚLTIMA XUNTANZA DO 2015

O club celebra a última xuntanza do 2015 cunha charla-tertulia sobre o libro seguida dunha merenda.
Escolleu o 27 de novembro, un día especial para as e os docentes.
O vindeiro xaneiro reunirémonos de novo cun libro moi interesante do que informaremos na seguinte entrada.

26 de octubre de 2015

LECTURA PARA NOVEMBRO

Lugar: Parador de Pontevedra,  inauguraremos este curso cun petisco no Parador.
Hora: 18h.
Data: venres, 27 de novembro. Esta data pode ter modificacións se o Parador esta ocupado ese día, estamos esperando resposta. Avisaremos con tempo por correo e neste blog.

17 de octubre de 2015

A PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO 2015-2016

O 16 de outubro tivemos unha fantástica xuntanza ao redor de dous libros:
- "Circe e o pracer do azul"
- "El guardián invisible"
A xuntanza do club tivo lugar nos locais da asociación "Salcedo Norte", un marco estupendo, unha sala ampla na que puidemos debater animadamente sobre as dúas lecturas realizadas no verán.

Na próxima entrada falaremos da proposta de lectura para o mes de novembro, así como da datana que terá lugar a xuntanza vindeira.

10 de julio de 2015

LECTURAS PARA OUTUBRO

Para as que estiveron e Elizondo e para os que non, para as que esperan o retorno dalguén ou andan buligando pola vida sen parada certa; para todas e todos faremos a próxima xuntanza.
LUGAR: nos locais do antigo colexio  da ONCE.
DÍA : venres, 16 de outubro.
HORA: 18h.