19 de diciembre de 2025

FELICES FESTAS E BO ANO 2026

 Empregamos as verbas de Isa, compañeira do club, para resumir o ano 2025 e desexar a todas e a todos felices festas e un ano 2026 cheo de lecturas.


Neste 2025 que remata, visitamos " La península de las casas vacías" e coñecemos a parte da súa veciñanza. Entramos con sorpresa  en "La habitación de Nona" e os seus misterios. "El brillo de las luciérnagas" amosounos camiños tortuosos e , nun momento de inspiración, ata dixemos: " Vamos a comprar un poeta".  Entramos con ledicia en "Hôzuki, la librería de Mitsuko" e deixámonos seducir pola " Carta de una desconocida", sen esquecer canto gozamos facendo pesquisas para descubrir  "O que agacha a equipaxe". Que ben o pasamos nestas excursións guiadas por magos e magas das letras! 😍😍😍

Brindamos por un 2026 cheo de viaxes inolvidables polas páxinas dos libros. 
Que a saúde e a beleza  acompañen a cada integrante e persoal seguidor de A pregunta do cuco

VÉMONOS O 28 DE XANEIRO ÁS 18 HORAS NO PAZO CUNHA NOVA VIAXE DA MAN DE LUCÍA SOLLA E "COMERÁS FLORES".





14 de diciembre de 2025

LECTURA PARA XANEIRO


 Estamos pendentes de se vai vir a autora para comentar o libro con nós. En canto poidamos xa damos os datos do día, hora e lugar.

18 de octubre de 2025

LECTURA PARA NOVEMBRO


 O Cuco, aínda no outono, tenta saír da súa rutina. Se o tempo o permite, iremos novamente ao observatorio de Cotobade; estade atentas. De non ser, a xuntanza farémola no Pazo da Cultura o día 28 ás 18 horas.

17 de octubre de 2025

A XUNTANZA DE OUTUBRO: MERCANDO UN POETA

 Esta tarde tivemos a primeira xuntanza de outono. 

Desta vez tivo lugar diante dun café ou infusión na cafetería do Hotel Virxe do Camiño.









22 de septiembre de 2025

LECTURA PARA OUTUBRO


 O 17 de outubro ás 18 h., vémonos no Pazo de Cultura hotel Virxe do Camiño para comentar este libro.

17 de junio de 2025

LECTURA PARA SETEMBRO


 O día 19 de setembro, o club retomará a súa actividade con esta lectura. A xuntanza farémola no Pazo de Cultura, ás 18 horas.

13 de junio de 2025

HOXE, XUNTANZA DE XUÑO DO CLUB

 Antes das vacacións do verán, reunímonos para comentar o libro deste mes. Foi unha xuntanza moi interesante con moitos comentarios sobre a obra de Paul Pen e a degustación duns riquísimos bombóns.
















FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO.

10 de mayo de 2025

LECTURA PARA XUÑO


 O día 13 de xuño, ás 18 horas, verémonos no Pazo de Cultura para comentar este libro. 

12 de marzo de 2025

LECTURAS PARA A XUNTANZA PRIMAVERAL

 


Como o 28 de marzo non é posible a xuntanza do mes, decidimos por maioría adiala ata o 9 de maio, verémonos no Pazo de Cultura para comentar este libro e tamén  "Carta de una desconocida". Coma sempre ás 18,30 horas.

1 de marzo de 2025

A XUNTANZA DE FEBREIRO

 O día 28 tivemos nova xuntanza do club. Conversamos sobre o libro "O que agacha a equipaxe".

Velaquí algunhas imaxes da sesión:












O libro para a seguinte sesión decidirémolo a través dos comentarios no blog.

Feliz Entroido!

20 de enero de 2025

LECTURAS PARA FEBREIRO

 

Para febreiro, dous libros; contaremos coa presencia da autora dun deles. O autor do segundo non poder asistir; a friaxe  de Pontevedra é moi mala para os ósos.
Vémonos o 28, no Pazo de Cultura ás 18,30 h.