23 de febrero de 2026
2 de febrero de 2026
29 de enero de 2026
XUNTANZA CON LUCÍA SOLLA
Hoxe, puidemos comentar o libro "Comerás flores" coa súa autora.
Unha marabillosa sesión.
Lucía fíxonos partícipes dunha primicia: en breve se publicará o libro en galego.
Pódense ver algunhas fotos aquí
26 de enero de 2026
1ª LECTURA DO 2026
O vindeiro xoves, 29 de xaneiro ás 18 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, celebraremos a primeira xuntanza do ano, nela daremos conta dunha nova viaxe pola lectura, poderemos comentar o libro, que lidera a listaxe de vendas en moitas provincias, coa autora (Lucía Solla).
19 de diciembre de 2025
FELICES FESTAS E BO ANO 2026
Empregamos as verbas de Isa, compañeira do club, para resumir o ano 2025 e desexar a todas e a todos felices festas e un ano 2026 cheo de lecturas.
Neste 2025 que remata, visitamos " La península de las casas vacías" e coñecemos a parte da súa veciñanza. Entramos con sorpresa en "La habitación de Nona" e os seus misterios. "El brillo de las luciérnagas" amosounos camiños tortuosos e , nun momento de inspiración, ata dixemos: " Vamos a comprar un poeta". Entramos con ledicia en "Hôzuki, la librería de Mitsuko" e deixámonos seducir pola " Carta de una desconocida", sen esquecer canto gozamos facendo pesquisas para descubrir "O que agacha a equipaxe". Que ben o pasamos nestas excursións guiadas por magos e magas das letras!



Brindamos por un 2026 cheo de viaxes inolvidables polas páxinas dos libros.
Que a saúde e a beleza acompañen a cada integrante e persoal seguidor de A pregunta do cuco.
14 de diciembre de 2025
LECTURA PARA XANEIRO
Estamos pendentes de se vai vir a autora para comentar o libro con nós. En canto poidamos xa damos os datos do día, hora e lugar.
18 de octubre de 2025
LECTURA PARA NOVEMBRO
O Cuco, aínda no outono, tenta saír da súa rutina. Se o tempo o permite, iremos novamente ao observatorio de Cotobade; estade atentas. De non ser, a xuntanza farémola no Pazo da Cultura o día 28 ás 18 horas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







