25 de noviembre de 2010

Despois de varios meses...


O día 25 de novembro tivemos unha xuntanza do club na bliblioteca do centro de EPA, a charla estivo como sempre animada e interesante mais... Non foi unha xuntanza coma as outras... Foi a primeira despois dun verán e uns cantos meses no que aconteceron moitas cousas:


- O cambio de destino de Consuelo (que agora está no CFR de Vigo) e doutras e doutros compoñentes do club, que agardamos que sigan participando connosco das lecturas inda que somente sexa a nivel virtual.

- Unha serie de boas novas relacionadas coa literatura: un premio Nobel para Mario Vargas Llosa, o ingreso na Real Academia Española de Soledad Puértolas, a concesión do premio Cervantes a Ana Mª Matute,...


As lecturas deste encontro foron os contos de Mario Vargas LLosa: El abuelo, El desafío, El hermano menor, El jefe, Los cachorros, Día Domingo, Un visitante,...





1 comentario:

Anónimo dijo...

Isto é de luxo