28 de septiembre de 2019

LECTURA PARA OUTUBRO


 Vémonos o 25 de outubro no Pazo de Cultura para comentar este libro. Coma sempre ás 18 horas. Gozade da lectura e logo contamos...!

22 de septiembre de 2019

1ª XUNTANZA DESPOIS DO VERÁN 2019: IMOS A TIRÁN!

Despois das vacacións do verán o club de lectura reemprende a súa actividade. Desta vez o libro a comentar era "Malaherba" de M. Jabois.
https://photos.app.goo.gl/cMXYgBpouQimqooD8

A xuntanza non tivo lugar no Pazo, non. Tivo lugar en Tirán, no Marusía... Por que alí? Pois porque o club propuxérase facer un pequeno itinerario por algúns dos lugares nos que se desenvolveu a novela "O último barco" de Domingo Villar, libro que leramos en maio.


https://photos.app.goo.gl/5w6kx54c4qNYdjw6A
Así pois, o sábado a iso das 10 collemos camiño cara a Tirán. Certo é que o día estaba un tanto chuvioso e gris, mais iso non nos detivo:
 - Tomamos un cafeciño no Marusía e comentamos o libro de Jabois.
 - Percorremos algúns dos lugares de Tirán que se comentan no libro

- Volvemos ao MArusía para xantar, igual que o fixeron a compañeira e o compañeiro do inspector Leo Caldas
 - E... o tempo mellorou.. Así que parte do grupo cruzou a ría

para percorrer outros lugares relacionados coas pescudas e movementos do inspector Leo Caldas por Vigo