25 de abril de 2009

Mal de escola



"Le cancre" (o zoquete) é o título dun poema de Jacques Prévert (1900-1977) que resulta moi apropiado para presentar a próxima lectura do club. Se queres ler a tradución podes facelo aquí.




O libro que leremos este mes é Mal de escola de Daniel Pennac. Podes acceder a través deste enlace a un dossier sobre a obra e o autor, así como a algún outro material complementario. Se queres, tamén podes descargalo. A data proposta, en principio, é o día 20 de maio.

21 de abril de 2009




Aquí tedes a carátula da película. Por fin desvelamos o misterio. Podedes consultar a ficha técnica da película así como outras informacións adicionais de interese neste enlace. Despois de lelo tedes a posibilidade de facer comentarios a través deste blog. As persoas que non poidan asistir ao pase da película poden pedila en préstamo para ver na súa casa.
Tamén podedes ver a presentación dos irmáns a través deste enlace.