26 de noviembre de 2010

LECTURAS PARA A VINDEIRA XUNTANZA


Por que non reler un libro xa coñecido? Propúxose "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas

Ademais de reler... como son vacacións axiña, tamén pensamos que podería ser interesante a lectura de Elogio de la educación lenta de Joan Domènech, publicado pola editorial Graó.

25 de noviembre de 2010

Despois de varios meses...


O día 25 de novembro tivemos unha xuntanza do club na bliblioteca do centro de EPA, a charla estivo como sempre animada e interesante mais... Non foi unha xuntanza coma as outras... Foi a primeira despois dun verán e uns cantos meses no que aconteceron moitas cousas:


- O cambio de destino de Consuelo (que agora está no CFR de Vigo) e doutras e doutros compoñentes do club, que agardamos que sigan participando connosco das lecturas inda que somente sexa a nivel virtual.

- Unha serie de boas novas relacionadas coa literatura: un premio Nobel para Mario Vargas Llosa, o ingreso na Real Academia Española de Soledad Puértolas, a concesión do premio Cervantes a Ana Mª Matute,...


As lecturas deste encontro foron os contos de Mario Vargas LLosa: El abuelo, El desafío, El hermano menor, El jefe, Los cachorros, Día Domingo, Un visitante,...