15 de diciembre de 2019

LECTURA PARA XANEIRO DO 2020

Comezaremos o 2020 con esta lectura. A xuntanza está proposta para o día 24 de xaneiro, ás seis da tarde no Pazo de Cultura (pendente de confirmación).

14 de diciembre de 2019

A XUNTANZA DE DECEMBRO

DESTA VEZ O CLUB DE LECTURA DEIXOU POR UN DÍA O SEU HABITUAL LUGAR DE ENCONTRO E REUNIUSE EN CAMPOLONGO, NA CAFETERÍA DA RESIDENCIA DE MAIORES. ALÍ COMENTOU O LIBRO DO MES E...
DESPEDIU O ANO LECTOR CUN PETISCO.


FELIZ ANO LECTOR 2020!



12 de diciembre de 2019

LECTURA PARA O NADAL

O venres, día 13 vémonos ás 18,30 horas. Esta xuntanza facémola na cafetería da Residencia de maiores de Campolongo. Tomaremos un petisco para despedir as xuntanzas do club neste ano 2019.

3 de noviembre de 2019

LECTURA PARA NOVEMBRO

O día 22 de novembro, vémonos no pazo de cultura ás 18 horas para examinar o funcionamento do departamento Q.

28 de septiembre de 2019

LECTURA PARA OUTUBRO


 Vémonos o 25 de outubro no Pazo de Cultura para comentar este libro. Coma sempre ás 18 horas. Gozade da lectura e logo contamos...!

22 de septiembre de 2019

1ª XUNTANZA DESPOIS DO VERÁN 2019: IMOS A TIRÁN!

Despois das vacacións do verán o club de lectura reemprende a súa actividade. Desta vez o libro a comentar era "Malaherba" de M. Jabois.
https://photos.app.goo.gl/cMXYgBpouQimqooD8

A xuntanza non tivo lugar no Pazo, non. Tivo lugar en Tirán, no Marusía... Por que alí? Pois porque o club propuxérase facer un pequeno itinerario por algúns dos lugares nos que se desenvolveu a novela "O último barco" de Domingo Villar, libro que leramos en maio.


https://photos.app.goo.gl/5w6kx54c4qNYdjw6A
Así pois, o sábado a iso das 10 collemos camiño cara a Tirán. Certo é que o día estaba un tanto chuvioso e gris, mais iso non nos detivo:
 - Tomamos un cafeciño no Marusía e comentamos o libro de Jabois.
 - Percorremos algúns dos lugares de Tirán que se comentan no libro

- Volvemos ao MArusía para xantar, igual que o fixeron a compañeira e o compañeiro do inspector Leo Caldas
 - E... o tempo mellorou.. Así que parte do grupo cruzou a ría

para percorrer outros lugares relacionados coas pescudas e movementos do inspector Leo Caldas por Vigo


1 de julio de 2019

LECTURA PARA AS VACACIÓNS

Imos ir de vacacións e o libro co que comezaremos en setembro será:
Resultado de imagen de MALAHERBA

FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!
BOA LECTURA!


24 de mayo de 2019

LECTURA PARA SANXOÁN

O día 14 de xuño, vémonos no Pazo de Cultura para falar deste libro que espero nos enganche tanto como os anteriores. Coma sempre ás 18,00 horas.

30 de marzo de 2019

LECTURA PARA MAIO


O día 10 de maio, ás seis da tarde, vémonos no Pazo de Cultura. Non perdades o barco!.,
Mañá, as seis da tarde, vémonos no Pazo de Cultura. Non viades en barco, non faledes con descoñecidos e menos con coñecidos sospeitosos! Pero vide.

2 de febrero de 2019

LECTURA PARA MARZO



Repetimos autora e temos páxinas abondo para pasar noites de choiva e mesmo xeada collidas do libro. Vémonos o 15 de marzo, ás 18 horas no Pazo de Cultura (Pendente de confirmar).

9 de enero de 2019

LECTURA PARA COMEZAR O ANO 2019

Para falar do libro, vémonos o día 1 de febreiro ás 18 horas, no Pazo de Cultura
(Pendente de confirmar).