“En abril, o cuco ou a fin”.
Benqueridas amigas e benqueridos amigos do club, sufrimos a presenza dun bicho
miúdo que nin se ve, pero estanos a roubar o limiar desta primavera
e se cadra moito máis.
Non
debemos esquecer a nosa condición de cucos, por iso, pídovos que
cantedes para que nos escoiten e saiban que estamos vivos e, que
contedes en que lecturas vos refuxiades para tecer
estas longas
horas de incertezas.
Resistide!