26 de diciembre de 2017

LECTURA PARA O MES DE FEBREIRO

Un clásico para o mes de febreiro; La Regenta. Na hora e local de costume; seis da tarde no Pazo de Cultura.

15 de diciembre de 2017

XUNTANZA DE DECEMBRO

O club de lectura despídese do ano cunha xuntanza na que, ademais de comentar o libro escollido para estas datas, felicitou as festas cunha merenda.
Feliz lectura e deica 2018.

18 de noviembre de 2017

LECTURA PARA O MES DE DECEMBRO

Xa temos tarefa para o mes de decembro, o día 15 ás 18,30 h. no Pazo de Cultura (pendente de confirmación).

8 de octubre de 2017

LECTURA PARA O MES DE SANTOS

"Septiembre puede esperar" no mes de novembro. Día 17, ás 18 h., no Pazo de Cultura (de contar co permiso pertinente).

7 de octubre de 2017

XUNTANZA DE OUTUBRO

O día 6 tivemos dobre sesión:
- Unha xuntanza para comentar o libro


- Un paseo literario pola illa das Esculturas, durante o cal Amancio nos foi falando das especies arbóreas e de anécdotas sobre as esculturas.

12 de septiembre de 2017

EN OUTUBRO COMEZAMOS

Data: 6 de outubro. Lugar: Pazo de Cultura. Hora: 17.00.
Unha vez comentado o libro, faremos un percorrido  pola Illa das Esculturas e o Parque da Xunqueira, guiados e guiadas por Amancio Castro que amablemente, coma sempre,  nos aprenderá a diferenciar un carballo dun pradairo. Poño por caso.
Entre cerdeiras e salgueiros recordaremos a figura de Carlos Casares lendo fragmentos da súa obra.

17 de junio de 2017

LECTURAS PARA SETEMBRO

Programamos para despois do verán...

- Un itinerario... "Paseando con Casares"
- Unha lectura astronómica
- Dúas lecturas interesantes:

Resultado de imagen de arden las redes
Na vindeira entrada poremos máis información sobre as datas.
FELIZ VERÁN!

16 de junio de 2017

ÚLTIMA XUNTANZA DO CURSO. BO VERÁN!

O 16 de Xuño reuniuse o club para gozar de "Truman".
Aproveitouse a ocasión para despedirnos por este curso.



ATA SETEMBRO!

15 de junio de 2017

EN XUÑO, CINE

Para rematar o curso unha película. Este venres, 12 de xuño vémonos no Parador, ás 6 h.  para ver Truman e tomar uns petiscos.

18 de marzo de 2017

LECTURAS PARA O MES DE MAIO

A primavera é o tempo preferido para o cuco; séntese moi activo e pensa ler dous libros. A xuntanza será o día 5, ás seis da tarde. seguramente no Pazo de Cultura. Pediremos o permiso correspondente e informaremos.
Que non se diga que o cuco ocupa niños alleos!

17 de marzo de 2017

XUNTANZA AO REDOR DE "PROTEXER O INVISIBLE"


Hoxe o club reuniuse para comentar a lectura do mes, "Protexer o invisible" de Xaime Toxo.
Novamente volvemos elixir o Parador para conversar e debater co autor moitos aspectos da súa obra e analizar os relatos que a compoñen.
Agradecemos a súa presencia nunha sesión moi agradable durante a que nos convidou a facer un percorrido por diversos intres da vida, da historia, da actualidade,...

11 de enero de 2017

LECTURA PARA O MES DE FEBREIRO

O Club decidiu ler, unha ver máis, un autor da nosa terra. Protexer o invisible de Xaime Toxo é a lectura elixida de xeito democrático. Vémonos o día 10 de febreiro ás 18 H. no Pazo de Cultura.