8 de marzo de 2023

Lecturas para marzo


 Para a xuntanza do 14 de abril falaremos da culpa. Como non deu tempo de tratar sobre da lectura anterior, tamén lle adicaremos un tempo. No Pazo da cultura, ás seis da tarde (pendente concesión pertinente).

4 de marzo de 2023

SESIÓN CON LORENA CONDE

 O 3 de marzo de 2023, realizamos unha nova xuntanza do club no Pazo da Cultura.

Tivemos a sorte de contar con  unha ARTISTA (así con maiúsculas), Lorena Conde,  que nos falou da súa obra. Foi un pracer comentar con ela "As puntas da louza" e escoitala recitar.

Grazas Lorena por unha fermosa tarde literaria.