21 de diciembre de 2020

UNHAS FESTAS DO NADAL CON LECTURA

 Mesmo parece de ciencia ficción: algo tan pequerrechiño foi quen de paralizar as xuntanzas do noso club... pero non as lecturas.

No niño emprestado do cuco imos acumulando historias, experiencias e moitas aventuras literarias para compartir con toda seguridade no 2021.

Feliz, saudable e cheo de libros 2021! 

25 de abril de 2020

AGOCHADOS NO NIÑO

En abril, o cuco ou a fin”.
Benqueridas amigas e benqueridos amigos do club, sufrimos a presenza dun bicho miúdo que nin se ve, pero estanos a roubar o limiar desta primavera e se cadra moito máis.
Non debemos esquecer a nosa condición de cucos, por iso, pídovos que cantedes para que nos escoiten e saiban que estamos vivos e, que contedes en que lecturas vos refuxiades para tecer estas longas horas de incertezas.
Resistide!

27 de enero de 2020

LECTURA PARA MARZO

Este é o libro elixido para a vindeira xuntanza do día 6 de marzo, que celebraremos no Pazo da Cultura ás 18 horas.
Xusto o día 6 non pode acompañarnos a autora do libro. Estamos vendo a posibilidade de que veña o día 13 ou o 27. Informaremos oportunamente, tamén do lugar de celebración, que non será o Pazo. 

25 de enero de 2020

1ª XUNTANZA DO ANO 2020

ONTE, 24 DE XANEIRO, REUNIUSE O CLUB DE LECTURA PARA COMENTAR O LIBRO
"A NETA DO SEÑOR LIN", UNHA DELICIA NARRATIVA QUE GOZAMOS LENDO E DEBULLANDO OS SEUS FRAGMENTOS.