17 de junio de 2014

LECTURA PARA DESPOIS DO VERÁN

A xuntanza de outubro terá lugar no Pazo de Cultura o día 10 ás 18h.

14 de junio de 2014

A XUNTANZA DE ANTES DAS VACACIÓNS DE VERÁN

A xuntanza de xuño 2014 tivo lugar en Carballedo o venres 13 de xuño. Para rematar este curso o noso club de lectura converteuse unha vez máis en viaxeiro e fixo lecturas múltiples:
Todo comezou a unha hora un chisco máis tarde que de cote... - A primeira das lecturas foi a lectura "da paisaxe" dirixida por Pepe que guiou a parte do grupo ata o "foxo dos lobos", un muíño de auga e outro de vento (unha lectura rápida, pero moi engaiolante e proveitosa)

- A segunda lectura foi a das diversas interpretacións e perspectivas sobre o libro deste mes, "Los recuerdos". O grupo comentou as súas múltiples e variadas impresións sobre unha obra que nunca pode deixar a ninguén indiferente.

Despois de dar conta dunha merenda-cea moi saborosa (unha lectura gastronómica interesante)...

- Apareceu a terceira lectura: unha lectura guiada, unha lectura do firmamento. Seve axudounos de xeito maxistral a ler dende o observatorio "A Poza" no Monte Coirego, en Cotobade

Grazas a Pepe e a Seve polas súas importantísimas contribucións a este magnífico día