14 de diciembre de 2014

A PRIMEIRA LECTURA PARA O 2015

Para o día 6 de febreiro de 2015, resultou elixido este libro de Cristina Sánchez-Andrade. Mañá, ás seis da tarde, vémonos no Pazo de Cultura. Traede os picos afiados para desenterrar todos os misterios de Terra Chá.

13 de diciembre de 2014

SESIÓN CINEMATOGRÁFICA DO CLUB

O club de lectura remata este ano cunha sesión de cine e unha merenda.
A película (con varios premios no seu haber -4 nominacións ao Oscar, dúas nominacións aos Globos de ouro, e Oso de prata no festival de Berlín- deu pé a moitas reflexións, comentarios e mesmo sorrisos.
É unha historia baseada en feitos reais, na que se xulga a un profesor por ensinar ao seu alumnado a teoría da evolución das especies.
Foi unha sesión extraordinaria que recollemos nestas imaxes:

30 de noviembre de 2014

UNHA LECTURA DIFERENTE PARA DECEMBRO

No mes de decembro o club propón "ler" nas imaxes dunha película.
Hai varios títulos entre os que seleccionar, mais o vindeiro 12 de decembro a sesión de lectura cinematográfica farase ao redor dun filme de 1960 .

11 de octubre de 2014

LECTURA PARA O MES DE SANTOS

O vindeiro 14 de novembro verémonos novamente no Pazo da Cultura, ás seis da tarde para falar deste libro.

17 de junio de 2014

LECTURA PARA DESPOIS DO VERÁN

A xuntanza de outubro terá lugar no Pazo de Cultura o día 10 ás 18h.

14 de junio de 2014

A XUNTANZA DE ANTES DAS VACACIÓNS DE VERÁN

A xuntanza de xuño 2014 tivo lugar en Carballedo o venres 13 de xuño. Para rematar este curso o noso club de lectura converteuse unha vez máis en viaxeiro e fixo lecturas múltiples:
Todo comezou a unha hora un chisco máis tarde que de cote... - A primeira das lecturas foi a lectura "da paisaxe" dirixida por Pepe que guiou a parte do grupo ata o "foxo dos lobos", un muíño de auga e outro de vento (unha lectura rápida, pero moi engaiolante e proveitosa)

- A segunda lectura foi a das diversas interpretacións e perspectivas sobre o libro deste mes, "Los recuerdos". O grupo comentou as súas múltiples e variadas impresións sobre unha obra que nunca pode deixar a ninguén indiferente.

Despois de dar conta dunha merenda-cea moi saborosa (unha lectura gastronómica interesante)...

- Apareceu a terceira lectura: unha lectura guiada, unha lectura do firmamento. Seve axudounos de xeito maxistral a ler dende o observatorio "A Poza" no Monte Coirego, en Cotobade

Grazas a Pepe e a Seve polas súas importantísimas contribucións a este magnífico día

18 de mayo de 2014

A PRÓXIMA XUNTANZA SERÁ EN XUÑO

Na agradable xuntanza do 16 de maio consensuouse unha nova reunión do club o vindeiro 13 de xuño  ao redor do libro “Los recuerdos” de David Foenkinos.
Esta xuntanza será en Carballedo, onde despois da charla sobre o libro e unha merenda, temos invitación para ver o observatorio astronómico no Monte Coirego, en Cotobade.

Ficheiro:Observatorio de Cotobade.jpg

18 de marzo de 2014

LIBRO PARA A XUNTANZA DE MAIO

"La verdad sobre el caso Harry Quebert, recibiu o favor do público e da crítica máis esixente. A súa tradución a 33 idiomas confírmaa como o próximo fenómeno literario global.
As súas máis de 600 vibrantes páxinas son unha marabilla de trama, con xiros, asasinatos, falsos culpables e verdadeiros destinos. Esta novela será a vosa perdición... e a vosa felicidade... Unha vez comezada, imposible soltala.»

La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, é unha novela mentireira. Unha novela que triunfa enganando ás súas lectoras e aos seus lectores: dánselles pistas falsas para resolver o asasinato sobre o que se constrúe a historia.
Falaremos desta obra o vindeiro venres, 16 de maio no Pazo da Cultura

15 de marzo de 2014

A AGRADABLE XUNTANZA DE MARZO

A xuntanza de marzo tivo lugar no incomparable marco do Parador.
O libro deu moitas oportunidades para o debate.
Aquí deixamos algunha foto.


12 de febrero de 2014

LECTURA PARA O MES DE MARZO

Este é o libro que se fixo con máis seareiras, e polo tanto é o elixido. Como sabedes, a xuntanza farémola o 14 de marzo, ás 18 horas no Parador de Pontevedra.

25 de enero de 2014

AGASALLO DE X. VÁZQUEZ PINTOR AO CLUB


O 24 de xaneiro o club de lectura tivo a sorte de contar coa presencia de X. Vázquez Pintor. Con el comentouse o libro que o club viña de ler "A memoria do boi". Agradecémoslle non só poder reflexionar conxuntamente sobre a obra e coñecer de primeira man experiencias e anécdotas, se non tamén un fermoso agasallo que aquí reproducimos.
Despois tivo lugar unha merenda de comezo de ano lector. Velaquí unhas fotos desa inesquecible xuntanza.