17 de diciembre de 2012

LIBRO PARA XANEIRO

A próxima xuntanza será o venres, 25 de xaneiro de 2013, ás 18h. no Pazo de Cultura. Esperamos que participedes nesta e noutras xuntanzas para darlle longa vida ao cuco.

16 de diciembre de 2012

XUNTANZA DO 14 DE DECEMBRO

Nesta xuntanza estreamos local.
Estivemos nun fantástico seminario do Pazo, o nº 6.
A pesar do temporal que se albiscaba dende as fiestras, pasamos un anaco entretido comentando o libro.
En breve comentaremos a proposta de lectura seguinte.

20 de octubre de 2012

MÁIS VALE TARDE...


Xa temos local para facer as xuntanzas do club. O vindeiro venres 14 de decembro ás 18 h.estades, todas e todos, convocadas no Pazo da Cultura en Pontevedra. A xuntanza farémola nun dos seminarios do Pazo. Para as persoas que se desprazan en coche, contamos con aparcadoiros amplos e cómodos. Rematada a sesión literaria tentamos facer tamén a gastronómica para axudar a levar esta vaga de crise que o asolaga todo.

9 de mayo de 2012

NOVO LIBRO PARA A XUNTANZA DE XUÑO

PARA A VINDEIRA XUNTANZA PENSAMOS QUE ESTARÍA BEN LER "EL ENREDO DE LA BOLSA Y LA VIDA",O AUTOR É EDUARDO MENDOZA. Vémonos o venres, 15 de xuño, ás 18 h., no parque da Illa das Esculturas. Coa tarde que está teremos que abrigarnos nos locais de sempre. Na Libraría MICHELENA ás 18 h.

8 de abril de 2012

E NOS 200 ANOS DO NACEMENTO DE DICKENS...

Luís, suxeriunos unha lectura de Dickens... Animádesvos?
Pois imos aló!
A xuntanza para falar deste clásico será o venres, 4 de maio ás 18 h., na Libraría Michelena.
Queda adiada  a viaxe a Fisterra. Tentarémolo para o mes de xuño.

1 de marzo de 2012

UN NOVO LIBRO PARA A XUNTANZA DE MARZO: CON VIAXE INCLUÍDA



A seguinte lectura proposta será... un libro de Luis Rey Núñez... Imos á Fisterra persoal e particular!
Vémonos o vindeiro venres, 23 de marzo ás 18 h. no locais da Libraría Michelena.
Día 17 de maio. Cita en Fisterra. Deixade o voso comentario, indicando o número de persoas que participará na vixe.