4 de diciembre de 2011

UNHA LECTURA PARA COMEZAR O 2012

Este é o libro proposto para a seguinte xuntanza, o xoves, 2 de febreiro debullaremos os seus misterios.Esperamos encher o local de costume a iso das 18 h.

13 de noviembre de 2011

A XUNTANZA DE SANTOS NUN NOVO LUGAR

A XUNTANZA DE NOVEMBRO ESTIVO MOI ANIMADA. O LIBRO DEU MOITO DE SI. COMENTAMOS VARIOS DOS EPISODIOS, OS PERSONAXES, A TRAMA,...
O LUGAR DA XUNTANZA É INMELLORABLE. NA LIBRERÍA MICHELENA. RODEADAS E RODEADOS DE LIBROS.


EN BREVE FALAREMOS DO NOVO LIBRO E DA NOVA DATA DE XUNTANZA.

16 de septiembre de 2011

Para o mes de santos

Agardámosvos a tod@s o vindeiro día,
10 de novembro, no mesmo
sitio (Libraría Michelena) ás 18 h.





18 de mayo de 2011

PELÍCULA: LAS INVASIONES BÁRBARAS

Para vindeira xuntanza, unha lectura diferente: película con flocos de millo, lata de refrescos e proxector con son Dolby Digital... un luxo!
Todo iso con entrada libre (só socias e socios) o xoves, 9 de xuño, ás 18 h. na sala de proxeccións do cole de Merce.



14 de mayo de 2011

UN DÍA CUNHA LECTURA ESPECIAL

Grazas a Amancio Castro

por unha sesión tan fantástica

de lectura

na natureza. Esta sesión tivo lugar o pasado xoves 13 de maio.

Haberá unha 2ª parte desta lectura no vindeiro outono. Pronto teredes novas da lectura do mes de xuño.

19 de abril de 2011

A LECTURA DE MAIO


Como vos anunciamos na entrada anterior, a vindeira lectura ten que ver co libro "Pontevedra As Arbores da cidade" de Amancio Castro e Jaime B. Blanco editado polo Concello de Pontevedra, así que ide facéndovos con el. Será o xoves, 12 de maio; sairemos ás 16,30 h. da Estación de Autobuses coa intención de chegar á Alameda ás 18 h. Amancio fará a correspondente presentación de cada un dos elementos da flora e nós poderemos afondar coa lectura do seu libro.

10 de abril de 2011

AO REDOR DO LIBRO "TODO É SILENZO"

O pasado día 7 de abril, o club reuniuse para comentar o libro de Manuel Rivas "Todo é silenzo". Foi unha sesión moi interesante de intercambio de impresións sobre aspectos argumentais do libro, sobre os sentimentos que provoca, sobre a prosa e as magníficas descricións,...
Poñemos algunhas fotos do inicio da sesión, cando iamos incorporándonos ao grupo.

Cara á vindeira sesión propúxose unha lectura relacionada coas árbores de Pontevedra e unha diferente maneira de ler... "ler en itinerario", poñeremos unha nova entrada con toda a información.

27 de febrero de 2011

PARA VINDEIRAS LECTURAS





Mentres... e para a vindeira xuntanza podemos ler o libro de Manuel Rivas "TODO É SILENZO". A proposta de data para esa xuntanza é o xoves, 7 de abril.

5 de febrero de 2011

LECTURA PARA A VINDEIRA XUNTANZA

A PRÓXIMA XUNTANZA SERÁ O XOVES 24 DE FEBREIRO NA BIBLIOTECA DO CENTRO EPA. A LECTURA SUXERIDA É "Elogio de una educación lenta" DE JOAN DOMENECH FRANCESCH

1 de febrero de 2011

A PRIMEIRA SAÍDA DO CLUB NO 2011


Celebramos a nosa primeira xuntanza do ano en Gres (lugar de nacemento do escritor Xosé Neira Vilas), co gallo do 50 aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego”, a obra máis lida da literatura galega.
O club propuxera reler o libro (reler porque todas e todos xa o leran con anterioridade- en solitario, en grupo, co alumnado, ...), o primeiro best seller da literatura galega, obra da que se venderon máis de seiscentos mil exemplares dende a súa publicación en Bos Aires.
Saímos de Pontevedra cara ao Cadoiro do Toxa...
A continuación visitamos o mosteiro de Carboeiro e o seu entorno.

Unha camiñada pola calzada romana conduciunos ata a Brea, a praia fluvial da Carixa.
Cara as dúas acudimos á cita con don Xosé Neira Vilas, con quen compartimos un estupendo xantar no que quedou moi patente a súa afabilidade e calidez, o seu sentido do humor e a súa estupenda memoria. Conversamos sobre o seu almorzo cotiá, a súa fundación, a súa dona e amizades, o seu traballo diario, os seus proxectos inmediatos, sobre a importancia dos clubs de lectura, sobre as súas visitas a diferentes centros educativos, sobre a asistencia á estrea da adaptación teatral que Cándido Pazó realizou sobre “Balbino” á que asistira o día anterior... e todo ilustrado con multitude de anécdotas.

Pola tarde tivemos a enorme sorte de contar cos comentarios do ilustre escritor sobre a súa obra nos locais do centro cultural de Gres (creado hai algúns anos pola Fundación Xosé Neira Vilas, este centro é posiblemente a única entidade do seu tipo na Galicia rural). Alí na sala de actos Luís Seoane falounos de Balbino e de como elixiu ese nome, de que o libro non era autobiográfico, de que Smith é inventado, do xudeu, das diferentes opinións sobre a obra e o seu posicionamento, sobre as primeiras persoas que leron o libro (un camareiro- Evencio-, Anisia Miranda, Dieste), sobre a actualización ortográfica, sobre as traducións do libro a diferentes idiomas – ruso, sueco, vasco, alemán, asturiano, maia, romanés, ...-, sobre a universalidade do tema do libro (Anisia “tamén foi unha nena labrega en Cuba”), sobre a adaptación para ser representado teatralmente, sobre as ilustracións e os ilustradores do libro en diferentes edicións – Xaquín Marín, Luís Seoane, Díaz Pardo-, sobre a paisaxe que o inspirou, sobre as numerosas persoas que estudaron e traduciron as vivencias de Balbino, sobre as edicións especiais, sobre a súa nova novela ...

Foi unha experiencia marabillosa e un día inesquecible.

15 de enero de 2011

ROTEIRO PARA O 29 DE XANEIRO



Faremos un percorrido literario-paisaxístico coa seguinte ruta:
1. Saída de Pontevedra ás 10 da mañá do sábado 29 de xaneiro (Parada de Autobuses Avda Buenos Aires, diante do "Búho Azul"). A puntualidade é unha virtude se queremos
facer o que temos programado.
2. Imos dirección ao Mosteiro de Carboeiro, onde faremos unha visita ao monumento e se o tempo o permite, ao seu contorno. (Se procede, poderemos facer unha paradiña curta para tomar un café)
3.Sobre as 14 horas, sairemos cara ao restaurante onde ás 14,30 horas gozaremos dun típico menú na compaña de Neira Vilas.
4. Despois da comida, visitaremos a “Fundación Neira Vilas”, onde comentaremos co autor a súa obra e asinaranos os exemplares que levemos.
5. Cara ás 18h, regreso
a Pontevedra