25 de octubre de 2009

De novo Benedetti ¿E por que non lelo na rede?

Dado que estamos en tempo de crise imos aproveitar os recursos que nos ofrece Internet para ler na rede.
Propóñovos a lectura dunha selección de contos breves de Mario Benedetti na páxina web Biblioteca Digital Ciudad Seva - Cuentos. Aquí temos á nosa disposición máis de tres mil contos completos en formato dixital. Podedes entrar directamente aos contos de Benedetti premendo neste enlace. Son en total once contos moi breves, algúns de menos dunha páxina pero darán moito xogo.

A imagen y semejanza
Almuerzo y dudas
Beatriz, la polución
Corazonada
El Otro Yo
Gracias, vientre leal
La noche de los feos
Los bomberos
Pacto de sangre
Réquiem con tostadas
Sábado de Gloria

1 comentario:

Azu dijo...

Xa próxima a data do 25 de novembro, día contra o maltrato de xénero, non vén mal a lectura de "Réquiem con tostadas" deste autor. Ten tantos elementos que nos farán reflexionar! Mesmo o poderiamos usar como texto nesa media hora de lectura co alumnado, xunto a outro libro de edicións bellaterra: "Los hombres no pegan" escrito por Beatriz Moncó.