18 de marzo de 2017

LECTURAS PARA O MES DE MAIO

A primavera é o tempo preferido para o cuco; séntese moi activo e pensa ler dous libros. A xuntanza será o día 5, ás seis da tarde. seguramente no Pazo de Cultura. Pediremos o permiso correspondente e informaremos.
Que non se diga que o cuco ocupa niños alleos!

17 de marzo de 2017

XUNTANZA AO REDOR DE "PROTEXER O INVISIBLE"


Hoxe o club reuniuse para comentar a lectura do mes, "Protexer o invisible" de Xaime Toxo.
Novamente volvemos elixir o Parador para conversar e debater co autor moitos aspectos da súa obra e analizar os relatos que a compoñen.
Agradecemos a súa presencia nunha sesión moi agradable durante a que nos convidou a facer un percorrido por diversos intres da vida, da historia, da actualidade,...