31 de marzo de 2013

XA TEMOS PROPOSTA PARA LER EN ABRIL

A xuntanza trasladámola para o 3 de maio, á hora e no lugar de sempre. Merchi, que fixo de crítica sagaz, non dubida que nos atrapará este libro.

29 de marzo de 2013

UN NOVO LIBRO PARA ABRIL?

A xuntanza de marzo resultou moi interesante.
O libro de Marilar Aleixandre deu moito de si.

Agora estamos a pensar nun novo título. Hai moitas propostas, en breve aparecerá algo.
Mentres tanto hai que gozar das dúas datas lectoras que nos agardan:
  • 2 de abril: Día internacional do libro infantil e xuvenil
  • 23 de abril: Día do libro.