27 de junio de 2010

Lecturas para o verán


Deixovos a referencia de tres libros que me recomendaron para este verán: Llámalo sueño de H. Roth; El regreso del soldado, de Rebeca West, e Cisnes salvajes de Jung Chang. Por se non se vos ocorre que ler. Xa me contaredes



In memóriam Torrente Ballester


Como sabedes este ano conmemórase o centenario do nacemento de Torrente Ballester. Como despedida deste curso propóñovos a lectura dun breve conto, Miguela, que me fixo chegar Carmen Becerra.
Espero que o leades e aproveitedes o blog para facer os vosos comentarios. Tede en conta que Blogger non colle vacacións.
¡Bo verán e boas lecturas!

7 de junio de 2010

Máis sobre El Camino e Delibes


Podedes consultar a páxina dedicada polo Centro Virtual Cervantes ao autor premendo neste enlace.
Tamén tedes acceso a un artigo sobre El camino, de Jorge Urdiales Yuste, titulado El camino, de Miguel Delibes: la “circunstancia” rural de Daniel, el Mochuelo.

Un tesouro chinés a un clic de rato


Nesta páxina web podemos contemplar, grazas ás novas tecnoloxías, este fermosísimo cadro pintado entre 1085 e 1145 durante a Dinastia Song do Norde. A xente fai cola durante horas noMuseo de Shangai e nós poderemos velo desde a nosa casa.
Poderedes pasear ao longo do cadro desprazando o cursor desde o centro da imaxe cara á dereita ou cara á esquerda.
Para deter o movemento hai que desprazar un pouco o cursor no sentido contrario.
Hai moitos detalles por descubrir. Cando atopedes un cadro branco, clicade co cursor no seu interior e veredes un vídeo pequeno moi interesante.
Temos que agradecerlle a Azu a xentileza de compartir con nós este achádego.

Biblioteca de libros digitais


Aquí tedes o enlace dunha biblioteca de libros dixitais infantís e xuvenís portuguesa. Non deixedes de entrar e ler algúns destes libros, moi fermosos, e que sacan o máximo rendimento ás novas tecnoloxías. En verdade paga a pena facerlle unha visita.
Outra xentileza de Azu.