28 de diciembre de 2009

Na próxima xuntanza do club leremos Así nacen as baleas, novela da escritora Anxos Sumai que obtivo o Premio Repsol YPF do ano 2007, premio de narrativa breve organizado por Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia.
Así nacen as baleas conta a historia dunha viaxe de regreso á casa, á orixe familiar dunha muller nova que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente. Anxos Sumai acadou o Premio da Crítica galega con Anxos de garda no 2004 e tivo gran éxito con Melodía de días usados, publicada no 2005.

Benedetti

A propósito da lectura dos contos de Benedetti, José Luis Penas envíanos esta presentación que poderedes ver premendo neste enlace